O curso escolar comeza o 9 de setembro en Infantil, Primaria e Educación Especial con 187.624 alumnos
En concreto, 55.698 comezan este ano nas aulas de Educación Infantil, 130.774 en Primaria e 1.152 en Educación Especial
O xoves 9 de setembro comezarán en Galicia as clases nos ciclos de Infantil, Primaria e Educación Especial para 187.624 alumnos, o que supón 9.180 menos ca no curso 2019/20, o inmediatamente anterior á pandemia, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Só en centros públicos o alumnado descende en case 6.000 escolares respecto do último curso antes da pandemia.
Respecto do curso 2020/21 a diminución é de 4.832 escolares, 3.363 deles en centros públicos. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.
En calquera caso, e malia ao descenso de alumnado, a Xunta de Galicia mantén as plantillas de profesorado por riba das que había no curso 2019/20, atendendo as necesidades xeradas a partir da pandemia da covid-19. Cómpre lembrar que nestas etapas as medidas sanitarias mantéñense invariables respecto das do curso pasado, con grupos burbulla sen distancia de seguridade.
Educación Infantil
Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 55.698 alumnos comezan este ano nas aulas de Educación Infantil, o que supón 3.829 menos ca no curso 2019/20. Respecto do curso 2020/21 a diferenza é de 2.356 escolares menos.
Por tipo de centros e provincias queda do seguinte modo:
|
Centros públicos |
Centros privados concertados |
Centros privados non concertados |
A Coruña |
17.243 alumnos |
6.061 alumnos |
598 alumnos |
Lugo |
4.543 alumnos |
1.512 alumnos |
73 alumnos |
Ourense |
3.547 alumnos |
1.738 alumnos |
0 alumnos |
Pontevedra |
13.858 alumnos |
6.103 alumnos |
422 alumnos |
Total |
39.191 alumnos |
15.414 alumnos |
1.093 alumnos |
Educación Primaria
Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 130.774 alumnos tamén comezan o vindeiro xoves as clases de Educación Primaria en Galicia, o que supón 5.392 menos ca no curso 2019/20. Respecto do curso 2020/21 a diferenza é de 2.482 escolares menos.
|
Centros públicos |
Centros privados concertados |
Centros privados non concertados |
A Coruña |
40.051 alumnos |
14.171 alumnos |
1.354 alumnos |
Lugo |
10.050 alumnos |
3.290 alumnos |
236 alumnos |
Ourense |
8.284 alumnos |
4.135 alumnos |
0 alumnos |
Pontevedra |
33.699 alumnos |
14.325 alumnos |
1.179 alumnos |
Total |
92.084 alumnos |
35.921 alumnos |
2.769 alumnos |
Educación Especial
No que atinxe á Educación Especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.152 alumnos, 41 máis ca hai dous cursos. Respecto do curso 2020/21 a diferenza é de seis escolares máis.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:
|
Centros públicos |
Centros privados con concerto |
A Coruña |
239 alumnos |
223 alumnos |
Lugo |
72 alumnos |
13 alumnos |
Ourense |
76 alumnos |
41 alumnos |
Pontevedra |
173 alumnos |
315 alumnos |
Total |
560 alumnos |
592 alumnos |
Centros escolares
Os centros –públicos, privados e concertados– que desde o 9 de setembro impartirán ensinanzas de Educación Infantil e Primaria e Educación Especial quedan distribuídos do seguinte xeito:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Galicia |
Educación Infantil |
44 |
4 |
3 |
57 |
108 |
Educación Primaria e Infantil(1) |
241 |
89 |
84 |
222 |
636 |
Educación Primaria e ESO(2) |
54 |
25 |
21 |
64 |
164
|
Educación especial |
15 |
2 |
3 |
16 |
36 |
TOTAIS |
354 |
120 |
111 |
359 |
944 |
(1) Inclúen os centros que imparten só Educación Primaria
(2) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de Educación Infantil.
Servizos complementarios
O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería. Este ano, a falta de que se pechen as últimas autorizacións, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 78.713 (1.653 máis ca no 20/21), das cales 16.658 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas –ou convenios de colaboración– da Consellería neste concepto para ambas entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 417 comedores, deles 281 de forma directa e 136 de forma indirecta (a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos). Pola súa banda, as ANPAS son responsables de 203 comedores e os concellos de 51. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería subvenciona os menús de arredor de 4.754 comensais nestes 51 centros escolares de 16 concellos de toda Galicia. A maiores tamén destina axudas a Anpas para a xestión dos comedores, que este ano se duplican ata acadar os 1,2M€.
Así mesmo a Consellería facilita subvencionar o servizo de comedor escolar a 498 alumnos de centros de educación especial non públicos a través de convenios con 14 entidades, cun orzamento de máis de 210.000€.
No que atinxe ao transporte, prestarase servizo –segundo as estimacións provisionais– a 85.531 alumnas e alumnos de 773 centros públicos. Ademais, darase cobertura de transporte a 363 alumnos de centros de Educación Especial que non son públicos a través de convenios con 17 entidades, cun orzamento de máis de 1M€. Deste xeito Galicia volve ser a primeira Comunidade do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo complementario.