O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares chegará este curso a 765 centros cun 12,5% máis de orzamento
Román Rodríguez sinala que a Xunta suma 27 novos centros escolares a esta rede, dotada con máis de 1,5M€ para a renovación de equipamento e fondos
Explica que a flexibilización dalgunhas medidas ante a covid permitirá recuperar estes espazos, que prestan numerosos servizos e son eixo de programas de innovación
O apoio ao rural ou a renovación de materiais inclusivos son dúas liñas de acción deste ano, para o que se reforza con 3M€ as bibliotecas escolares e o fomento da lectura
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia a resolución do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) para o curso 2021/22, no que se incorporan ao programa un total de 27 centros públicos. Con estas incorporacións, que poden consultarse xa no Diario Oficial de Galicia (DOG), nestes momentos forman parte desta rede un total de 765 centros, dos que 729 son públicos e 36 privados concertados. O anuncio fíxoo nunha visita ao colexio CEIP Flavia, en Padrón, no que se fará unha rehabilitación por importe de case 1M€.
Tal e como explicou o conselleiro en Padrón, “o programa de referencia do Plan Lía de Bibliotecas Escolares do Goberno galego incrementa ademais este ano o seu orzamento nun 12,5%, ata chegar aos 1.565.000€, 175.000€ máis ca no curso anterior”, confirmando a aposta do Goberno galego polas bibliotecas como “o corazón dos centros”.
Este incremento, remarcou o representante do Goberno galego, “enmárcase na liña de reforzo de 3M€ en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura da Xunta de Galicia neste ano 2021”. Neste sentido, artelláronse diferentes actuacións como o lanzamento dunha nova liña de actuación dirixida a incentivar e apoiar ás bibliotecas escolares nos centros do rural non integrados no PLAMBE, o deseño dunha nova acción para a renovación da colección de materiais inclusivos para unha mellor atención á diversidade do alumnado nas bibliotecas escolares, ou a extensión da convocatoria dos Clubs de Lectura aos centros de Educación Primaria.
Román Rodríguez tamén explicou que a flexibilización dalgunhas medidas no novo curso que comeza permitirán recuperar espazos nos centros escolares como as bibliotecas, reconvertidas nalgúns casos en bibliotecas escolares o pasado ano pola covid-19. Isto, como afirmou, facilitará a prestación de servizos vinculados con programas de innovación educativa, entre outros.
Os centros de nova incorporación son os que se reflicten na seguinte táboa:
Provincia |
Concello |
Centro |
A Coruña |
Carballo |
IES Alfredo Brañas |
A Coruña |
Coruña, A |
CEIP Sagrada Familia |
A Coruña |
Coruña, A |
EOI da Coruña |
A Coruña |
Coruña, A |
CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cervino |
A Coruña |
Narón |
CEIP Plurilingüe Ponte de Xubia |
A Coruña |
Porto do Son |
CEIP de Portosín |
A Coruña |
Santa Comba |
CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza |
Lugo |
Begonte |
CEIP Virxe do Corpiño |
Lugo |
Bóveda |
CEIP Rosalía de Castro |
Lugo |
Palas de Rei |
CEIP de Palas de Rei |
Lugo |
Sarria |
EEI de Sarria |
Lugo |
Sarria |
CEIP Antonio Fernández López |
Lugo |
Vicedo, O |
CEIP do Vicedo |
Ourense |
Ourense |
CEIP O Couto |
Ourense |
Padrenda |
CPI de Padrenda-Crespos |
Ourense |
Riós |
CEIP das Vendas da Barreira |
Ourense |
Vilamarín |
IES de Vilamarín |
Pontevedra |
Caldas de Reis |
CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar |
Pontevedra |
Cambados |
CEIP de Corvillón |
Pontevedra |
Cerdedo-Cotobade |
CEIP de Tenorio |
Pontevedra |
Cerdedo-Cotobade |
CEIP San Xoán Bautista |
Pontevedra |
Marín |
CEP de Sequelo-Marín |
Pontevedra |
Redondela |
IES de Chapela |
Pontevedra |
Vigo |
CEIP Plurilingüe Javier Sensat |
Pontevedra |
Vigo |
IES de Teis |
Pontevedra |
Vigo |
CIFP Valentín Paz Andrade |
Pontevedra |
Vilaboa |
CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez |
Adquisición en librerías próximas
As asignacións para as novas incorporacións estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. No caso dos centros de continuidade, poderán destinar as asignacións a fondos, a mobiliario e outros equipamentos ou a gastos de funcionamento específicos da biblioteca, en función do ano no que se integraran no Plan.
Entre outras cuestións, a convocatoria establece que as adquisicións dos fondos se realizarán, preferentemente, a través das librerías da zona de referencia do centro, e que deberán incluír materiais destinados á atención da diversidade (libros e outros materiais destinados ao alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe, necesidades educativas especiais, altas capacidades, alumnado inmigrante etc.).
Así mesmo, a multiculturalidade e as diversas linguas con presenza no centro deberán ser convenientemente contempladas; e o 50% dos materiais adquiridos deberán ser en lingua galega. Ademais, poderase mercar con estas asignacións mobiliario específico e adaptado ás necesidades da comunidade educativa.
Formación para o profesorado
Por outra banda, os centros incluídos neste programa poderán recibir formación específica, no contexto do Plan anual de formación do profesorado e do propio programa, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería, desde onde se coordinará o plan de mellora e se levará a cabo o seguimento e supervisión oportunos.