Instrucións pola que se convocan, con carácter extraordinario, probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes plásticas e deseño nas especialidades con prazas vacantes para o curso 2021-22

Xov, 29/07/2021 - 14:19

Xúntanse as Instrucións da Secretaría de Educación e Formación Profesional pola que se convocan, con carácter extraordinario, probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes plásticas e deseño nas especialidades con prazas vacantes para o curso 2021-22.

O prazo de inscrición comprende desde o día 1 ata o 6 de setembro de 2021.

A data de realización das probas específicas será o día 8 de setembro na EASD elixida na 1ª opción.