O conselleiro de Educación inaugura o encontro “Educando para o consumo” que se celebra en Lugo

Vázquez Abad deu a benvida ás máis de 120 familias que asisten ao encontro, así como a numerosos pais e educadores e lles recordou que “é imprescindible educar nun consumo sostible, que logre que a sociedade do mañá sexa máis equitativa, xusta e solidaria”

Sáb, 05/11/2011 - 20:00
O conselleiro de Educación na inauguración do encontro sobre educación e consumo
O conselleiro de Educación na inauguración do encontro sobre educación e consumo

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou esta mañá o encontro que bianualmente organiza a Concapa cos pais e nais de familias numerosas, e que na cuarta edición estivo centrado na educación para o consumo.

Durante a súa intervención o conselleiro dirixiuse ao auditorio de máis de 120 familias e numerosos pais e educadores e asegurou que “é imprescindible recuperar valores tradicionais elementais como o respecto, a tolerancia, o esforzo, o mérito ou a convivencia. E, por suposto, educar nun consumo sostible, que logre que a sociedade do mañá sexa máis equitativa, xusta e solidaria”, ao que engadiu que “a situación de crise faimos conscientes de que a educación é un piar básico no desenvolvemento económico e social dun país. Ante isto non hai que aforrar esforzos pero si que debemos facer una xestión eficiente e manter un control sobre os recursos”.

Piares do sistema educativo

Ademais Vázquez Abad sinalou que “é imprescindible, fomentar a unidade entre os piares do sistema educativo; lograr que a comunicación entre familia e escola sexa completa e clara, continua e áxil”.

Respecto da temática escollida na presente edición pola Concapa o conselleiro felicitou a organización, e dixo que “a coherencia e moi necesaria neste momento. Actuar agora, antes de que sexa demasiado tarde. Axudar a distinguir o necesario do superfluo. E todo isto será grazas á colaboración de todos: administración, familias e profesorado. Encontro como este son, máis que un comezo, unha boa forma de conseguir tan ambicioso obxectivo”.

No acto inaugural estiveron presentes os presidente nacional da Concapa así como o seu homólogo en Galicia, Luis Carbonel e Jorge J. Villarino, respectivamente. Tras as súas intervención deuse paso ao relatorio da directora Xeral de Comercio e presidente do Instituto Galego de Consumo, María Nava Castro, que falou da educación e a súa relación co consumo, así como da situación actual na que se atopa e as perspectivas de cara ao futuro.

Os relatorios do encontro

Posteriormente interveu o ex conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Celso Currás, que centrou o seu relatorio na necesidade de que a familia e a escola estean coordinada de cara a lograr unha boa educación en relación ao consumo.

Pola tarde realizouse a mesa redonda “Educación e consumo responsable”, na que participaron o inspector de Educación e catedrático de Ensinanza Secundaria, Jaime Santoalla Varela; o profesor de industrias alimentarias en FP, Jesús Pablo González; a xefa de servizo de consumo do departamento territorial de Lugo, Beatriz Pena; e o periodista José Manuel Vila-Chantres.

Cómpre sinalar que está é a cuarta vez que a Concapa organiza este encontro de ámbito nacional e que en anteriores edicións celebrouse en Guadalajara, Málaga e Valencia. A Confederación leva máis de oitenta ano activa, desenvolvendo actividade a prol da defensa da familia, e especialmente da liberdade e a calidade da ensinanza.