Proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2021-2022
Lun, 12/07/2021 - 09:16
Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do luns 12 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 14 de xullo de 2021.
A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático que pode atopar en Servizos en liña.