Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas de comisións de servizos por motivos de saúde de mestres, PES, FP e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso académico 2021/22

Ven, 02/07/2021 - 15:13

Faise pública a Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2021/2022.

PRAZO DE RECLAMACIÓN:

  • O prazo de reclamacións comeza o día 5 de xullo de 2021 e remata o día 9 de xullo de 2021, ambos inclusive.

  • As reclamacións á resolución provisional deberán ser realizadas electrónicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED 010B/2021)