Título node Learning object

Formación en igualdade 2021/2022
Ven, 18/06/2021 - 12:58
portada do plan anual

O Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2021/2022 no seu capítulo 3 incorpora a "Inclusión, convivencia e coeducación" na que se avanzan as liñas polas que se vai traballar (p. 23). Con esta oferta formativa quérese favorecer o coñecemento e a sensibilización do profesorado galego respecto da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, da violencia de xénero e da diversidade afectivo-sexual.

Para favorecer a conciliación, ofrécese unha oferta de cursos en rede que cobren as 20 h (nivel básico) esixible ao persoal funcionario ao servizo da Administración pública galega.

Ademais das actividades formativas ofertadas pola CCEU, o Plan de Formación do Profesorado ofrece a posibilidade de formalizar a formación no propio centro (PFPP) a través de grupos de traballo ou seminarios. O prazo de preinscrición remata o 30 de setembro de 2021.

Pódese consultar todas as actividades formativas en FPROFE. A día de hoxe, os cursos que se poden realizar son os seguintes:

  • En rede

    • Formación inicial en igualdade (inscrición de oficio). 1º trimestre. Duración: 20 h. Obrigatorio para todo o persoal docente en fase de prácticas.

    • Formación inicial en igualdade (G2101053). 2º trimestre. Duración: 20 h.

    • Educación en igualdade para o departamento de orientación (G2101040). 2º trimestre. Duración: 25 h.

    • Educación en igualdade para o equipo directivo (G2101041). 2º trimestre. Duración: 25 h.

    • Educación en igualdade para o profesorado de educación infantil e primaria (G2101042). 2º trimestre. Duración: 25 h.

    • Educación en igualdade para o profesorado de ensino secundario e postobrigatorio (G2101043). 2º trimestre. Duración: 25 h.

    • Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo. Plan Proxecta (G2101051). 2º trimestre. Duración: 30 h.

    • Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta (G2101008). 2º trimestre. Duración: 30 h.

    • Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta (G2101067). 2º trimestre. Duración: 30 h.

    • Xénero e consumo. Plan Proxecta (S2101134). 3º trimestre. Duración: 30 h.

    • Prevención de violencias machistas e bo trato. Plan Proxecta (G2101083). 2º trimestre. Duración: 20 h (12 h presenciais + 8 h non presenciais)

 

  • CAFI (Santiago de Compostela)

    • Conmemorando a igualdade todo o ano (S2101044). 1º trimestre. Duración: 20 h (16 h presenciais + 4 non presenciais)

    • Violencia de xénero na adolescencia (S2102047). 1º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

    • Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo (S2102003). 2º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

    • A comunicación en igualdade a través das TIC (S2101012). 2º trimestre. Duración: 30 h (18 h presenciais + 12 non presenciais)

    • Igualdade e retos (G2102009). 2º trimestre. Duración: 8 h presenciais

    • Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais (S2101125). 3º trimestre. Duración: 20 h (12 h presenciais + 8 h non presenciais).

    • Diversidade afectivo-sexual e familiar. Coñecer para acompañar (S2102015, S2102018). 3º trimestre. Duración: 10 h presenciais.

 

  • CFR da Coruña

    • Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo (C2102004). 2º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

 

  • CFR de Ferrol

    • Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo (F2102004). 2º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

 

  • CFR de Lugo

    • Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo (L2102003). 2º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

 

  • CFR de Ourense

    • Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo (O2102004). 2º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

 

  • CFR de Pontevedra

    • Diversidade afectivo-sexual e familiar. Coñecer para acompañar (P2102010). 1º trimestre. Duración: 10 h presenciais. Materiais consultables na aula virtual do CFR.

    • Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo (P2102004). 2º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

    • A diversidade sexual e de xénero nas aulas (P2102034). 3º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

 

  • CFR de Vigo

    • Violencia de xénero na adolescencia (V2102021). 2º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

    • Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo (V2102004). 2º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

    • Tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas (V2102056). 1º trimestre. Duración: 8 h presenciais.

 

Queda pendente de confirmación en que sedes se desenvolverá a seguinte actividade: Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais. 1º trimestre. Duración: 20 h (16 h presenciais + 4 non presenciais)

 

Como medida de conciliación, cómpre ter en conta tamén o dereito preferente das persoas con licenza ou excedencia por coidado familiar (pódese consultar toda a información nesta nova ou na páx. 16 do Plan Anual 2021/22).

Cómpre lembrar que, segundo o recollido no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, o persoal ao servizo da Administración pública debe recibir formación en materia de igualdade para obter coñecementos básicos que lle permitan aplicar o principio de igualdade no seu exercicio profesional. No dito decreto recóllese o que segue:

  • nivel básico: obrigatorio; 20 horas de duración; prazos para adquisición:

    • novo persoal funcionario: 6 meses (durante a realización da fase de prácticas).

    • persoal docente que xa é funcionario: ata 10 anos desde a entrada en vigor do Decreto 70/2017 (isto é, ata o 1/02/2028).

  • nivel medio: opcional; 150 horas.

  • nivel superior: opcional, pero obrigatorio para acreditarse como persoal formador; 500 horas.