Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario para o curso 2021/22

Xov, 10/06/2021 - 12:47

Normativa reguladora:

Resolución do 8 de xuño de 2021 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2021/22 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión.

Prazo de inscrición:

Ata o 25 de xuño (incluído)

Persoas destinatarias:

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten as ensinanzas establecidas na LOE, destinado este curso académico en centros educativos públicos dependentes da consellería, de acordo coa seguinte prelación:

Orde de prelación

  • MODALIDADES INDIVIDUAIS:

a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

c) Persoal interino. MODALIDADES DE GRUPO, que con carácter xeral estarán conformados por persoal funcionario de carreira ou con non máis do 50% dos seus compoñentes persoal interino:

1º.- Todos eles sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

2º.- Algún sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

3º.- Todos eles con licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

No caso de quedaren prazas vacantes, estas poderían ser concedidas a grupos conformados por máis do 50% dos seus compoñentes persoal interino, coa seguinte orde de prelación:

1º.- Todos eles sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

2º.- Algún sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

3º.- Todos eles con licenza nas dúas últimas convocatorias (2018/19 e 2019/20).

Requisitos

As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Persoal docente funcionario.

  • Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2019/20 e 2020/21, e no 2021/22 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

  • Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2021/22, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores, o persoal das escolas oficiais de idiomas e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

b) Persoal en prácticas

O persoal en prácticas poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

c) Persoal interino.

Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tal ata o remate do curso académico correspondente.

Modalidades:

Convócanse seis modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:
 

Modalidade 1. Proxectos individuais para a elaboración ou actualización de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato e ensinanzas de réxime especial.

Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

  • Submodalidade 1.a. Elaboración de materiais curriculares dixitais inéditos.

  • Submodalidade 1.b. Actualización de materiais existentes, que inclúa a adaptación normativa e lingüística, respectando a súa autoría e cumprindo co establecido no apartado décimo quinto desta convocatoria. Os materiais adaptados nesta submodalidade deberán cumprir os mesmos requisitos e características que os materiais de nova creación.

Duración de 1 a 3 meses no caso da modalidade 1.a, de acordo co cronograma do proxecto aprobado, e de 1 mes na modalidade 1.b.

Meses convocados: Submodalidade 1a: 100. Submodalidade 1b: 20.

 

Modalidade 2. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato e ensinanzas de réxime especial.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2021 e o 30 de xuño de 2022).

Meses convocados: 120
 

Modalidade 3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de FP.

Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

  • Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras. Ademais, deberán integrar a perspectiva de xénero co fin de producir materiais curriculares plenamente coeducativos e empregarán unha linguaxe non sexista e inclusiva.

  • Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores, entendendo por actualización a posta ao día dos contidos destes materiais dentro do ámbito procedente (científico, tecnolóxico, lexislativo...) e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2021 e o 30 de xuño de 2022).

Meses convocados: Submodalide 3.a: 24. Submodalidade 3.b: 6.

 

Modalidade 4. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de FP.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2021 e o 30 de xuño de 2022).

Meses convocados: 70

 

Modalidade 5. Proxectos individuais ou en grupos de dous a tres membros para a creación ou a remodelación de cursos non presenciais para a formación do profesorado dentro do modelo competencial da Rede de Formación.

Duración: de 1 a 3 meses para a creación individual dun curso novo, ou de ata 6 se é en grupo; para a remodelación dun curso existente a duración máxima será de 2 meses se a licenza é individual ou ata 4 meses se é en grupo, de acordo co cronograma do proxecto aprobado.

Meses convocados: 60

 

Modalidade 6. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares para os cursos de especialización das ensinanzas de FP.

Duración: mes e medio (desde o 15 de setembro ata o 31 de outubro de 2021).

Meses convocados: 100

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria.

  • Proxecto de traballo que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.

  • A demais documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.

Máis información

Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.gal

  • 881 99 76 35. Cuestións administrativas.

  • 981 52 24 11 (CAFI-Departamento Educación Dixital). Modalidades 1, 2 e 5.

  • 881 99 65 28. Modalidades 3, 4 e 6.

 

 

Servizo de Innovación e Formación dos Recursos Humanos

Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Consellería de Cultura, Educación e Universidade