Título node Learning object
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica o libro MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN, que conta con artigos de, entre outros, José Manuel Vez Jeremías (USC) e Isabel Pérez Torres (Junta de Andalucía), así como con 42 propostas didácticas relacionadas co enfoque plurilingüe, elaboradas por profesorado galego participante no Programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras (PALE)
A devandita publicación, que pode atoparse en formato pdf no arquivo adxunto, está a súa disposición en formato papel, en todos os centros de formación e recursos, centros plurilingües, centros con seccións bilingües, centros participantes no programa CUALE e escolas oficiais de idiomas.