Título node Learning object
Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra organiza, en colaboración co portal de divulgación científica Gciencia, dúas mesas redondas abertas a todo o público a través da rede.
A primeira delas analizará o impacto que tivo e ten a Covid-19 no traballo que realizan as investigadoras; a segunda, analizará como afecta a pandemia ao Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), impulsor das vocacións nestes ámbitos con perspectiva de xénero. Pódese consultar o programa no PDF que se anexa.
1ª sesión: ‘Investigar en Pandemia’. Participan Elena Cartea González, doutora en Bioloxía pola USC e directora da Misión Biolóxica de Galicia; Inés Viana González, investigadora do Instituto Español de Oceanografía; Susana Cid Fernández, doutora en Neurociencia e Psicoloxía Clínica pola USC; e Iria Vázquez Silva, doutora en Socioloxía e coautora do informe ‘Xénero e investigación científica na Universidade de Vigo en tempos da Covid-19’, que recolle, dun xeito cuantitativo e cualitativo, as consecuencias da pandemia no traballo científico.
- data: mércores 10 de febreiro de 2021
- hora: 20.00
- ligazón á canle de GCiencia
- ligazón á canle do Concello de Pontevedra
2ª sesión: ‘STEMbach en tempos da Covid’. Participan Esther Padín Vidal, profesora de Matemáticas do IES A Xunqueira II, coordinadora do Bacharelato STEM neste centro e titora de varios proxectos de investigación dirixidos desde as universidades de Vigo e Santiago, así como colaboradora en diferentes iniciativas de innovación (Club de Ciencia, Espazos Maker, Semgal ou o proxecto Erasmus+ ATS STEM); Ángela Soto Lamas, alumna de 1º de Bacharelato STEM no IES A Xunqueira II que investiga coa facultade de Bioloxía no proxecto ‘Análise bioinformático dun xenon bacteriano; Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado da UVigo, e as voceiras do CIM, Rosa Campos e Mercedes Renda, que abordarán a influencia que teñen os roles de xénero na elección das carreiras universitarias.
- data: xoves 11 de febreiro de 2021
- hora: 20.00
- ligazón á canle de GCiencia
- ligazón á canle do Concello de Pontevedra