Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Música
Xúntase a Resolución do 02 de febreiro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Música (597035).
O prazo de reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional é de cinco (5) días hábiles e comeza mañá, mércores día 03 de febreiro e remata o martes día 09 de febreiro de 2021. As reclamacións deberán formularse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base terceira da Resolución do 02 de febreiro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Música (597035).
Non se admitirán as reclamacións formuladas por correo electrónico.
Para realizar reclamacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional desde a sede electrónica da Xunta de Galicia deberá acceder a seguinte ligazón aquí.
Logo de acceder a ligazón os pasos a seguir son:
1º Premer no botón Tramitar en liña
2º Identificarse co seu usuario e contrasinal
3º Cubrir a solicitude xenérica do seguinte xeito nos campos:
-
Asunto Relacionado debe engadir: Alegacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional do corpo de mestres, especialidade de Música (597035)
-
Código de Procedemento debe engadir: 597035
-
Destinatario: Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos
4º No seguinte paso deberá anexar a documentación que presente para emendar a súa solicitude ou formular a reclamación
5º Finalmente deberá asinar e presentar no rexistro electrónico e obter o recibo xustificativo da súa presentación.
As persoas interesadas poderán consultar a admisión á lista e o seu baremo provisional no enderezo web: www.edu.xunta.gal/substitutoslistas
Resolución do 30 de xuño de 2020
Relación provisional de persoas excluídas (597036)
Resolución do 10 de novembro de 2020
Anexo: relación definitiva de persoas excluídas
Resolución do 18 de novembro de 2020
Anexo: relación de persoas excluídas
Resolución do 10 de decembro de 2020
Anexo: relación definitiva de persoas excluídas
Resolución de 2 de febreiro de 2021. Música
Anexo: relación provisional de persoas excluídas. Música