Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2021

Xov, 21/01/2021 - 12:45

Xúntase a Orde do 31 de decembro de 2020, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Programa: Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 21/01/2021
Código de procedemento: ED481D

Forma de presentación: electrónica https://sede.xunta.gal/portada
Prazo de presentación de solicitudes: 22/01/2021 a 22/02/2021

Cal é o obxecto destas axudas?

Dar continuidade á carreira investigadora das doutoras e dos doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria. Nesta convocatoria, poderán optar a estas axudas aquelas persoas invesgadoras que obtiveron:

  • Unha axuda para a súa formación inicial na modalidade A da convocatoria de axudas de apoio á etapa posdoutoral do ano 2017, cuxa actividade investigadora se viu condicionada pola pandemia do Covid-19, polo que nestes casos non se exixirá a avaliación final positiva do programa de orixe.

  • Unha axuda na modalidade A da convocatoria de axudas de apoio á etapa posdoutoral do ano 2016, que finalizaran o seu contrato con posterioridade ao 31 de xullo de 2019, que obtiveran unha avaliación positiva e que non concorreron a ningunha convocatoria da modalidade B posdoutoral cos códigos de procedemento ED481D ou IN606C

  • Un contrato posdoutoral cunha das entidades establecidas no artigo 2 desta convocatoria e financiado pola Gain, que non renunciaron á dita axuda antes do seu remate e que finalizaron o seu contrato con anterioridade ao 1 de outubro de 2019, que obtiveron unha avaliación positiva e que non concorreron con anterioridade a ningunha convocatoria da modalidade B posdoutoral cos códigos de procedemento ED481D ou IN606C.

Quen pode solicitar estas axudas?

- As universidades do Sistema Universitario Galego (en diante SUG), ante a Secretaría Xeral de Universidades, a través do procedemento ED481D.

- Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) radicados en Galicia, ante a Axencia Galega de Innovación (Gain), a través do procedemento IN606C.

- As persoas investigadoras non poden solicitar directamente estas axudas, senón que o teñen que facer a través dalgunha das entidades indicadas, sempre que cumpran os requisitos que se indican no artigo 2.2. da convocatoria.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido

  • Intensidade da axuda: 100 %

  • Duración das axudas: un máximo de 2 anos

  • Orzamento total: 2.472.000 euros (a achega da Secretaría Xeral de Universidades será de 2.060.000 euros e a achega da Gain de 412.000 euros)

Número e importe das axudas

Un máximo de 24 axudas: 20 axudas para as universidades do SUG e 4 para as demais entidades

Os importes destas axudas son os seguintes:

  • Un total de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.

  • Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 10.000 euros no ano 2020, 10.000 euros no 2021 e 5.000 euros no 2022.

  • Un complemento a cada unha das universidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

A onde acudir?

Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal
 

Para solicitudes de entidades alleas ao SUG:

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 881999213 Fax: 981541039
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal