Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria de axudas destinadas a persoas en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario
De conformidade co artigo 10 da Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia no curso académico 2020/21 (DOG do 28 de setembro), procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.
As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días. Durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada (emenda ao requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada.
Información nos teléfonos 981 54 54 33/31 do Servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes Universitarios.