Título node Learning object
O Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza as xornadas "Co-educa. Coeducación: perspectivas e retos para a prevención da violencia de xénero". Esta actividade realízase ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e ten como obxectivo fomentar a coeducación como ferramenta de prevención contra a violencia de xénero e para a promoción da igualdade e amosar modelos coeducativos que favorecen a aprendizaxe da convivencia en igualdade. A xornada conta coas seguintes relatoras: Sonia Fernández Casal, Luz Castro Pena, Marián Moreno Llaneza e Carmen Ruíz Repullo.
Data: 2 e 3 de decembro de 2020
Duración: 7 h 30 min
Lugar: Auditorio Municial de Vigo / en rede
Inscrición: de balde, a través do formulario anexo (que se debe enviar a xornadas.igualdade@vigo.org )
Pódese consultar o programa e o formulario nos documentos anexos.