Título node Learning object
O Consello da Cultura Galega dispón na rede dos relatorios gravados para as xornadas Violencia comparada. Os distintos relatorios pódense escoitar xa na rede, e establécense debates en directo coas autoras o vindeiro venres 20 de novembro. Na web do Consello ofrécese tamén un apartado de materiais con documentos de interese para coñecer o impacto da violencia de xénero.
Cronograma:
- venres 13 de novembro: publicación dos relatorios gravados en consellodacultura.gal
- venres 20 de novembro: debate coas relatoras
Programa:
- Estatística de actos violentos sobre mulleres e menores. Custo real da violencia en España. María Debén Alfonso, responsable da Área de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero na Delegación do Goberno de Galicia, Subdelegación do Goberno na Coruña
- Estatísticas en materia de violencia da comunidade autónoma. Belén Liste Lázara, Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero na Secretaría Xeral de Igualdade, Consellería de Emprego e Igualdade, Xunta de Galicia
- Estatísticas xudiciais dos actos violentos sobre mulleres e menores. Relevancia estatística do artigo 416 da lei de axuizamento criminal. Mª de los Ángeles Carmona Vergara, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, Observatorio Estatal contra a Violencia
- Estatística sobre violencia sexual. Impacto social desta violencia. Mª Victoria Rosell Aguilar, delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través da web e da canle en youtube do CCG nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras. Non é necesaria inscrición previa. Pódese participar no debate en directo a través do correo participa@consellodacultura.gal.
Pódese consultar toda a información na web do Consello da Cultura Galega.