Un total de 30 centros educativos incorpóranse a 'Radio na Biblio', que xa suma 109 participantes

O programa ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar

Mar, 27/10/2020 - 13:58

A Xunta de Galicia vén de incorporar un total de 30 centros educativos de toda Galicia ao programa Radio na Biblio. Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar.

Coas novas incorporacións, en total participan nesta iniciativa este curso un total de 109 centros públicos de infantil, primaria, ESO, Bacharelato ou FP integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) de toda Galicia.

Os novos centros seleccionados recibirán 2.000 € de fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio (incluíndo un obradoiro de formación). Para iso contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.

Así mesmo, os centros que xa participaron en Radio na Biblio en cursos anteriores e renovan recibirán unha asignación de 500 € por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.

Os centros de nova incorporación son os que se relacionan na seguinte táboa:

PROVINCIA

CONCELLO

CENTRO

A Coruña

Abegondo

CEIP Plurilingüe San Marcos

A Coruña

Carballo

CEIP Plurilingüe A Cristina

A Coruña

Carral

CEIP Vicente Otero Valcárcel

A Coruña

Cedeira

CEIP Nicolás del Río

A Coruña

Coruña, A

CEIP Sanjurjo de Carricarte

A Coruña

Culleredo

CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

A Coruña

Fene

CEIP Plurilingüe Os Casais

A Coruña

Laracha, A

CEIP de Caión

A Coruña

Muxía

CEIP dos Muíños

A Coruña

Ribeira

CEIP Plurilingüe O Grupo

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Lugo

Cervo

CEIP de Cervo

Lugo

Mondoñedo

IES Plurilingüe San Rosendo

Lugo

Monforte de Lemos

CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos

Lugo

Saviñao, O

CPI Dr. López Suárez

Ourense

Ourense

CEIP P. Amadeo Rodríguez Barroso

Ourense

Rúa, A

IES Cosme López Rodríguez

Ourense

Xunqueira de Ambía

CEIP Padre Crespo

Pontevedra

Bueu

CEIP Plurilingüe A Pedra

Pontevedra

Cambados

CEIP Plurilingüe de Castrelo

Pontevedra

Cangas

CEIP A Rúa

Pontevedra

Cangas

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán

Pontevedra

Mos

CEIP Mestre Valverde Mayo

Pontevedra

Pontevedra

CEIP de Cabanas

Pontevedra

Redondela

CEIP de Cedeira

Pontevedra

Tui

IES San Paio

Pontevedra

Vigo

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Pontevedra

Vigo

CEIP O Sello

Pontevedra

Vigo

CEIP Plurilingüe Frián-Teis

Pontevedra

Vilaboa

CEP Plurilingüe de Riomaior

 

Plan LÍA

Esta iniciativa enmárcase no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares, que conta entre os seus desafíos o de favorecer a alfabetización múltiple do alumnado a través da creación nas bibliotecas de espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe. Neles debe traballarse con diferentes recursos e materiais que permitan traballar a expresión escrita e oral ou linguaxes como a radiofónica. Desde eles poderán desenvolverse proxectos colaborativos conectados con diferentes áreas do currículo escolar, vinculados á educación para as competencias en información e medios.

Neste sentido a posta en marcha dunha emisora de radio nun centro educativo proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento das competencias clave a través de metodoloxías activas, así como para a alfabetización informacional. De feito, a experiencia dos centros que xa participan en Radio na Biblio demostrou que a radio constitúe unha ferramenta pedagóxica de grande alcance que permite, ademais, darlle a coñecer ao resto da comunidade educativa os proxectos e traballos que se realizan no centro.

Ademais, a experiencia dun bo número de bibliotecas escolares vinculadas a este programa durante o período de cese de actividade presencial nos centros durante a primavera de 2020, por mor da covid-19, puxo de manifesto as posibilidades desta ferramenta para desenvolver actividades educativas a distancia, con capacidade para vincular ao alumnado ao ámbito educativo e para conectar á comunidade escolar arredor dunha proposta temática.