Máis de 165.000 alumnos e alumnas comezan este venres o curso de educación secundaria, bacharelato e outras ensinanzas

Nos centros galegos de educación secundaria obrigatoria hai 86.073 matriculados , mentres que o bacharelato ordinario o cursaran 30.790 alumnos e alumnas, o que supón preto de 3.000 estudantes menos que o curso pasado

O sistema galego rexistra a un aumento, por segundo ano consecutivo, de estudantes nos ciclos formativos e nos programas de cualificación profesional inicial, segundo reflicten os datos, aínda provisionais, xa que a matricula relativa a FP segue aberta, e abarca a ensinanzas de FP, modulares e adultos

A Consellería fai fincapé nestes estudos para o que xa se converteron sete institutos en centros integrados de formación profesional

Mañá tamén chegarán as aulas os estudantes de educación especial e os matriculados en ensinanzas artísticas

Xov, 15/09/2011 - 15:42

Na xornada de mañá darán comezo as clases de 86.073 estudantes de educación secundaria, e para 30.790 de bacharelato. A eles súmanse os 34.000 de ciclos ordinarios e 2.416 de programas de cualificación profesional inicial (PCPI). En educación especial 1.249 estudantes comezan as clases do novo curso, nas ensinanzas artísticas serán 10.043 e nas deportivas, 442.

Cómpre sinalar que para o curso que comeza mañá a cifra provisional de matriculados en ciclos formativos ordinarios (xa que o prazo para inscribirse aínda está aberto) é de preto de catro mil estudantes máis o que demostra o interese que espertan estes estudos entre as galegas e galegos.  Ademais a esta cifra se lle engadirá as dos PCPI, así como a educación para adultos tanto presencial como a distancia.

Para incrementar a oferta relativa aos estudos de formación profesional a Consellería adaptou este curso sete institutos en centros integrados de FP, dando conta do traballo desenvolvido a prol da calidade educativa e para dar resposta ás demandas da sociedade.

Educación Secundaria

Un total de 86.073 alumnos empezarán o curso en centros galegos que imparten Educación Secundaria Obrigatoria en toda Galicia, fronte aos máis de 88.000 do ano pasado. Deles 45.918 cursarán estudos de 1º e 2º da ESO, mentres que 40.155 estudarán 3º e 4º da ESO. Por provincias, A Coruña conta con 35.250 alumnos matriculados na ESO, Lugo con 9.272, Ourense con 8.512 e Pontevedra con 33.039.  A distribución provincial segundo a titularidade dos centros é a seguinte:

 

Centros públicos

Centros privados non concertados

Centros privados concertados

A Coruña

25.128 alumnos

   955 alumnos

  9.167  alumnos

Lugo

 7.175  alumnos

   217 alumnos

  1.880  alumnos

Ourense

 5.330  alumnos

   165 alumnos

  3.017  alumnos

Pontevedra

22.360 alumnos

   747 alumnos

  9.932  alumnos

Total

59.993 alumnos

2.084 alumnos

23.996  alumnos

Por centros públicos, privados con concerto e sen el as diferenzas respecto do curso pasado quedan do seguinte modo:

 

2010/2011

2011/2012

Centros públicos

  61.088 alumnos

59.993 alumnos

Centros privados non concertados

    2.172 alumnos

  2.084 alumnos

Centros privados concertados

  24.756 alumnos

23.996 alumnos

Total

  88.016 alumnos

86.073 alumnos

Nesta etapa educativa destaca un aumento do alumnado non nacionalizado español, que chega os 4.756, o que supón 408 alumnos máis que no curso 2009/2010.

 

2010/2011

2011/2012

A Coruña

1.639 alumnos

1.971 alumnos

Lugo

   628 alumnos

   615 alumnos

Ourense

   537 alumnos

   502 alumnos

Pontevedra

1.544 alumnos

1.668 alumnos

Total

4.348 alumnos

4.756 alumnos

Bacharelato ordinario

Mañá tamén comezarán o curso os alumnos do bacharelato ordinario. En total 30.790 estudantes están matriculados no curso 2011-2012, en ensinanzas postobrigatorias en toda Galicia. Deles, 12.571 están matriculados na provincia da Coruña, 3.503 en Lugo, 3.408 na provincia de Ourense e 11.308 en centros de Pontevedra.

Destes mesmos, na Coruña son 6.539 alumnos os matriculados no primeiro curso do bacharelato, 1.822 en Lugo, 1.824 en Ourense e 5.736 en Pontevedra. Así, suman 15.921 alumnos. No segundo curso, son 6.032 os matriculados en centros coruñeses, 1.681 en Lugo, 1.584 en Ourense e 5.572 en Pontevedra; facendo un total de 14.869 alumnos.

Por distribución provincial segundo a titularidade dos centros, a táboa é a seguinte:

 

Centros públicos

Centros privados

A Coruña

10.154 alumnos

2.417 alumnos

Lugo

3.217 alumnos

286 alumnos

Ourense

2.774 alumnos

634 alumnos

Pontevedra

9.755 alumnos

1.553 alumnos

Total

25.900 alumnos

4.890 alumnos

Por rama do bacharelato, os datos do alumnado matriculado en Galicia, son os seguintes:

Artes

Ciencias e tecnoloxía

Humanidades e Ciencias Sociais

        Total

1.304 alumnos

       15.505 alumnos

13.981 alumnos

  30.790 alumnos

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español, aumenta lixeiramente respecto do curso pasado.

 

2010/2011

2011/2012

A Coruña

239  alumnos

270 alumnos

Lugo

   76 alumnos

   65 alumnos

Ourense

   66 alumnos

   74 alumnos

Pontevedra

234 alumnos

290 alumnos

Total

615 alumnos

699  alumnos

Formación Profesional

No relativo aos estudos de Formación Provisional, as cifras aínda son provisionais, xa que a matricula continúa aberta tanto para os ciclos formativos, como para modular e a distancia. Cómpre destacar que nos datos provisionais dos ciclos formativos ordinarios xa mostran un importante incremento de estudantes respecto do ano pasado, de preto do 10% máis.

Ditas cifras, a espera de obter as definitivas, xa dan conta do interese que xeran estes estudos entre as galegas e galegos e que se ve reforzadas polas políticas levadas a cabo pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia a prol da formación profesional coa conversión de sete institutos en centros integrados de FP. Unha conversión que supón un incremento significativo das cifras ofertadas para este curso que maña comeza.

Ciclos formativos ordinarios

No relativo aos estudantes de ciclos formativos ordinarios os datos provisionais indican que xa están matriculados 34.000 estudantes, dos que 26.706 corresponden a centros públicos, 3.000 a centros privados con ciclos non concertados, e 4.294 a ciclos privados concertados.

 

Centros públicos

Centros privados non concertados

Centros privados concertados

A Coruña

11.921 alumnos

   1.561 alumnos

  1.198  alumnos

Lugo

 3.523  alumnos

      173 alumnos

  38  alumnos

Ourense

 2.439  alumnos

      239 alumnos

    330 alumnos

Pontevedra

8.823 alumnos

   1.027 alumnos

  2.728  alumnos

Total

26.706 alumnos

   3.000 alumnos

4.294  alumnos

  *as cifras son provisionais, xa que a matricula continúa aberta

Destas cifras, 18.395 alumnos e alumnas corresponden a ciclos formativos de grao medio, e 15.605 a ciclos de grao superior. En ciclos formativos o alumnado non nacionalizado español tamén aumentou respecto curso 2011/2012.

 

2010/2011

2011/2012

A Coruña

386 alumnos

327 alumnos

Lugo

86 alumnos

80 alumnos

Ourense

87 alumnos

92 alumnos

Pontevedra

284 alumnos

338 alumnos

Total

825 alumnos

837alumnos

 *as cifras son provisionais, xa que a matricula continúa aberta

Programas de Cualificación Profesional Inicial

Tendo en conta que a matrícula aínda continúa aberta, as estimacións de alumnos matriculados para o vindeiro curso nos PCPI son dun total de 2.416, 2.056 en centros públicos, 75 en centros privados non concertados e 285 en centros privados concertados.

Educación Especial

Un total de 1.249 alumnos empezarán o curso en centros públicos de ensinanza Especial en toda Galicia. Deles, 451 están matriculados en centros coruñeses, 74 na provincia de Lugo, 62 en Ourense e  178 en centros pontevedreses.

Ensinanzas musicais

Para o vindeiro curso 2011-2012 as estimacións de alumnado para as ensinanzas musicais son de 7.996 matriculados, dos que 3.236 corresponden á A Coruña, 1.135 a Lugo, 858 a Ourense e 2.767 a Pontevedra.

En base a se os alumnos estudan en conservatorios de música ou en centros autorizados, a táboa sería a seguinte:

 

Conservatorios de música

Centros autorizados de música

A Coruña

         2.817

             419

Lugo

            976

             159

Ourense

            851

                 7

Pontevedra

         2.305

             462

Total Galicia

         6.949

          1.047

Ensinanzas regradas de danza

En total son 347 os matriculados para o vindeiro curso 2011-2012, dos que 142 pertencen a A Coruña, 187 a Lugo.

Ensinanzas de Arte Dramático

No vindeiro curso serán 178 os alumnos en ensinanzas de arte dramática en toda Galicia, o que supón un incremento de 17 matriculados con respecto ao curso pasado.

Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Para o vindeiro curso, os matriculados nestas ensinanzas serán un total 734 en Galicia, 95 en grao medio e 639 en grao superior. Deles, 374 pertencen a centros coruñeses, 78 a Lugo, 136 a Ourense e 146 a Pontevedra.

Ensinanzas Artísticas Superiores

Nesta modalidade os matriculados son 788 alumnos en ensinanzas dos cales 729 corresponden a estudos de deseño e 59 aconservación e restauración de bens culturais.

Ensinanzas deportivas

En Galicia hai un total de 442 alumnos matriculados neste tipo de ensinanzas, dos que 138 pertencen a A Coruña , 37 a Lugo, 21 a Ourense e 246 a Pontevedra.

Deles, 402 son alumnos de grao medio e 40 de grao superior.