Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2020/2021

Lun, 21/09/2020 - 14:00
 Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2020/2021
Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2020/2021

Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 16 de setembro de 2020, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

É aplicable ao persoal docente e  non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

 A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

  • A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
  • Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
  • O prazo de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.