Máis de 198.000 escolares comezarán o curso de educación infantil e primaria este luns
A modificación do horario lectivo dos docentes vai permitir incrementar o tempo dedicado aos estudantes que máis o precisan
Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 66.771 alumnos e alumnas, e nos de educación primaria son 132.140
O vindeiro 16 de setembro dará comezo o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato
O luns, 12 de setembro, comezarán as clases nos ciclos de educación infantil e primariapara 198.911 alumnos e alumnas.Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e que varían ao longo do curso. Asemade a Consellería estima que as cifras de escolarización irán diminuíndo progresivamente nos vindeiros cursos, ao tempo que se producirá un moderado incremento de cara á ESO. De feito considerase que este ano será o último de crecemento na matricula de infantil e primaria.
Educación Infantil
Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 66.771 alumnos e alumnas comezarán o luns 12 de setembro as aulas de educación infantil. Deles 28.275 están matriculados na provincia de A Coruña; mentres que 25.765 son de Pontevedra; 6.506 de Lugo e 6.225 de Ourense.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:
|
Centros públicos |
Centros privados non concertados |
Centros privados concertados |
A Coruña |
19.993 alumnos |
907 alumnos |
7.375 alumnos |
Lugo |
4.733 alumnos |
93 alumnos |
1.680 alumnos |
Ourense |
4.163 alumnos |
60 alumnos |
2.002 alumnos |
Pontevedra |
17.740 alumnos |
386 alumnos |
7.639 alumnos |
Total |
46.629 alumnos |
1.446 alumnos |
18.696 alumnos |
O aumento de matriculacións en educación infantil está especialmente reflectido nos centros de ensinanza pública, onde están matriculados 1.008 novos estudantes.
|
2010/2011 |
2011/2012 |
Centros públicos |
45.463 alumnos |
46.629 alumnos |
Centros privados non concertados |
1.498 alumnos |
1.446 alumnos |
Centros privados concertados |
18.802 alumnos |
18.696 alumnos |
Total |
65.763 alumnos |
66.771 alumnos |
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español incrementouse lixeiramente respecto do curso anterior.
|
2010/2011 |
2011/2012 |
A Coruña |
499 alumnos |
554 alumnos |
Lugo |
189 alumnos |
163 alumnos |
Ourense |
153 alumnos |
95 alumnos |
Pontevedra |
488 alumnos |
519 alumnos |
Total |
1.329 alumnos |
1.331 alumnos |
Educación Primaria
Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 132.140 alumnos e alumnas tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 54.525 están matriculados en A Coruña; 13.429 en Lugo; 12.662 en Ourense e 51.524 en Pontevedra.
|
Centros públicos |
Centros privados non concertados |
Centros privados concertados |
A Coruña |
38.479 alumnos |
1.311 alumnos |
14.735 alumnos |
Lugo |
9.833 alumnos |
244 alumnos |
3.352 alumnos |
Ourense |
8.208 alumnos |
187 alumnos |
4.267 alumnos |
Pontevedra |
35.319 alumnos |
937 alumnos |
15.268 alumnos |
Total |
91.839 alumnos |
2.679 alumnos |
37.622 alumnos |
As aulas de educación primaria nos centros públicos terán matriculados 2.036 novos alumnos, un incremento moi superior o dos centros privados concertados e non concertados.
|
2010/2011 |
2011/2012 |
Centros públicos |
90.003 alumnos |
91.839 alumnos |
Centros privados non concertados |
2.632 alumnos |
2.679 alumnos |
Centros privados concertados |
37.469 alumnos |
37.622 alumnos |
Total |
130.104 alumnos |
132.140 alumnos |
No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso non chega ao centenar de estudantes.
|
2010/2011 |
2011/2012 |
A Coruña |
2.112 alumnos |
2.231 alumnos |
Lugo |
846 alumnos |
709 alumnos |
Ourense |
681 alumnos |
527 alumnos |
Pontevedra |
2.025 alumnos |
2.079 alumnos |
Total |
5.664 alumnos |
5.546 alumnos |
Centros escolares e persoal docente
Dende o 12 de setembro 1.002 centros impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria, o que significa que:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Galicia |
Educ. Infantil |
74 |
6 |
6 |
85 |
171 |
Educ. Primaria e Infantil(1) |
251 |
96 |
92 |
220 |
659 |
Educa. Primaria e Secundaria(2) |
56 |
25 |
22 |
69 |
172 |
Total |
381 |
127 |
120 |
374 |
1.002 |
(1) Inclúen os centros que imparten exclusivamente o primeiro ciclo de educación infantil.
(2) Inclúense os centros que imparten o segundo ciclo de educación infantil.
Para o curso 2011/2012 están previstas, de forma provisional, 30.953 prazas de persoal docente na ensinanza con titularidade pública. Destas 14.878 correspóndense con mestres, seguidos por profesorado de Educación Secundaria con 12.200. O resto de postos cúbrenos o profesorado técnico de Formación Profesional (1.840), os docentes de relixión (540 prazas en Primaria, 315 en Secundaria) e outro tipo de profesorado (1.180).
No tocante ao ensino privado, o número total de prazas de 7.749, están repartidas en 7.555 de ensinanzas de réxime xeral, e 194 de ensinanzas de réxime especial.
Xa na educación concertada, o número de docentes previstos para o curso 2011/2012 é dun total de 5.321. Deles, a maior parte son de Educación Primaria(2.252) e Infantil (882).
Atención a todas las necesidades
Neste punto cómpre destaca que a Consellería garante a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención e apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención educativa – pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outros-, así como o mantemento da calidade do ensino.
Grazas as medidas tomadas desde a Administración no relativo ao horario lectivo, aplicadas polo departamento educativo da Xunta de Galicia será posible unha utilización eficiente dos recursos docentes, tal e como demanda a cidadanía galega. Cómpre recordar que esta medida permitirá incrementar a atención ás alumnas e alumnos que máis o necesitan, mantendo a calidade do noso ensino.
Ademais a Consellería de Educación recorda que o vindeiro 16 de setembro darán comezo as clases de educación secundaria para preto de oitenta e sete mil estudantes.
Servizos complementarios
O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería. Ámbolos dous foron adaptados, un ano máis, as necesidade existentes para o presente curso nos centros educativos, dando así resposta ás alumnas e alumnos.
A Consellería de Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos, e a pesar da complicada situación económica que se vive nestes momentos fai un esforzo a prol das alumnas e alumnos. Cómpre sinalar que este será o segundo ano no que as achegas económicas poderán destinarse a sufragar os gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.