Un total de 32 centros públicos de toda Galicia participarán no programa CUALE no curso 2020/2021

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras EDUlingüe 2020

A través dela o alumnado pode preparar de balde as probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas

Lun, 27/07/2020 - 11:23

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de publicar no portal educativo a relación de centros participantes no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE). Un total de 32 centros de ensino participarán o vindeiro curso nesta iniciativa, a través da que o alumnado de centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia pode preparar as probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas (EEOOII) dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas.

A relación de centros participantes é a recollida na seguinte táboa:

Provincia

Concello

Nome centro

Idioma

Modalidade

A Coruña

A Coruña

CIFP Ánxel Casal - Monte Alto

Inglés

B1

A Coruña

Cedeira

IES Punta Candieira

Inglés

 

 

 

A1

A2

 

Francés

A1

A2

B1

A Coruña

Cee

IES Fernando Blanco

Inglés

A2

B1

A Coruña

Ferrol

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Inglés

B1

A Coruña

Ferrol

IES Leixa

Inglés

B1

A Coruña

Lousame

CPI Plurilingüe Cernadas de Castro

Francés

A1

Inglés

A1

A2

A Coruña

Melide

IES de Melide

Inglés

A1

A2

B1

B2

A Coruña

Mugardos

IES de Mugardos

Inglés

A2

B1

B2

A Coruña

Muros

IES Plurilingüe Fontexería

Inglés

B1

A Coruña

Ortigueira

IES de Ortigueira

Inglés

A1

A2

B1

A Coruña

 

Ribeira

 

IES Nº 1

 

Inglés

B1

B2

Alemán

A2

Lugo

Burela

IES Monte Castelo

Francés

A1

A2

Inglés

 

A1

A2

B1

B2

Lugo

Chantada

IES Lama das Quendas

Inglés

A1

A2

B1

B2

Lugo

 

Monforte de Lemos

 

IES Río Cabe

 

Francés

B1

B2

Inglés

A1

B1

Lugo

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

Inglés

A2

B1

Lugo

Vilalba

IES Lois Peña Novo

Inglés

B1

Ourense

Ourense

CIFP A Farixa

Inglés

B2

Ourense

Viana do Bolo

IES Carlos Casares

Inglés

A1

Pontevedra

A Estrada

IES Manuel García Barros

Francés

B1

Pontevedra

Baiona

CPI de Cova Terreña

Inglés

A1

A2

Pontevedra

Cuntis

CPI Aurelio Marcelino Rey García

Inglés

A2

Pontevedra

Lalín

IES Ramón Mª Aller Ulloa

Inglés

A1

A2

Pontevedra

 

Lalín

 

IES Laxeiro

 

Francés

A1

A2

B1

Inglés

A1

A2

B1

Pontevedra

Meis

CPI de Mosteiro-Meis

Francés

A1

Pontevedra

O Porriño

IES Ribeira do Louro

Inglés

B1

Pontevedra

Poio

IES de Poio

Francés

A2

B1

Pontevedra

Pontevedra

IES Valle-Inclán

Francés

B1

B2

Pontevedra

Pontevedra

IES Frei Martín Sarmiento

Francés

A2

B1

Pontevedra

Pontevedra

IES A Xunqueira I

Francés

A2

B1

Pontevedra

Pontevedra

IES A Xunqueira II

Francés

A1

A2

B1

B2

Pontevedra

Silleda

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

Inglés

A1

A2

B1

Pontevedra

Vigo

IES de Teis

Inglés

A2

 

Formación gratuíta

A formación que recibirá o alumnado é gratuíta e realizarase fóra do horario lectivo. O CUALE desenvolverase en 4 modalidades diferentes, correspondentes aos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Así, poderán cursar a modalidade CUALE A1 os estudantes que superasen todas as materias do 2º curso da ESO e que estean matriculados en 3º. A modalidade CUALE A2 está dirixida ao alumnado que superase todas as materias de 3º da ESO e estea matriculado en 4º curso, así como aos inscritos en ciclos formativos de FP de grao medio de menos de 2.000 horas.

Por outra banda, o CUALE B1 vai dirixido ao alumnado de bacharelato, de ciclos de grao medio de FP de 2.000 horas e de grao superior de menos de 2.000 horas. As modalidades CUALE B2 serán para as alumnas e alumnos de bacharelato, ciclos de FP de grao superior de 2.000 horas, e para os que dispoñan do certificado del nivel intermedio das EEOOII ou outros certificados do nivel B1 do MCERL.

O profesorado encargado de impartir o CUALE, docentes de ensinanza secundaria de lingua estranxeira, realizará probas ao final do curso en cada nivel. A superación destas probas supón a expedición por parte do centro dun certificado, no caso do nivel básico do CUALE A1, e o dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación que se realizarán nas EEOOII, no resto das modalidades. Para a obtención dos certificados oficiais é necesario que os estudantes superen as probas específicas que as EEOOII realizan cada ano.