Formación Profesional Dual. Convocatoria 2020. Listaxes provisionais de solicitudes
Xov, 09/07/2020 - 12:24
Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2020-2021.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o xoves 9 de xullo ata as 13:00 horas do luns 13 de xullo de 2020. A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión.