Título node Learning object

Guía "Somos diversidad"
Ven, 03/07/2020 - 13:18
portada

O Ministerio de Igualdade e o INJUVE, en colaboración coa Universidade Complutense de Madrid, acaba de presentar a guía "Somos diversidad", un volume con recursos para traballar sobre a diversidade afectivo-sexual nas aulas. A guía recolle 44 actividades artelladas arredor de 5 módulos temáticos para a formación de profesionais da educación formal e non formal en diversidade sexual, familiar, corporal e de expresión e identidade de xénero.

Pódese descargar a publicación na seguinte ligazón.