A oferta para o vindeiro curso consolida a FP Dual, abrindo matrícula en 56 destes proxectos, entre eles o de termalismo
Tamén se implanta un ciclo de FP Dual en Calzado e complementos de moda
Ademais ofértanse 5 cursos de especialización para alumnado xa titulado
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no DOG a oferta de Formación Profesional para o curso 2020/2021, na que se consolida a FP Dual. Nesta modalidade ábrese matrícula en 56 destes proxectos, entre eles o de grao superior en Termalismo e Benestar, que se implantará no CIFP A Farixa.
Trátase dun título deseñado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a petición de Galicia, que se implanta por primeira vez na Comunidade galega e nunha zona con tradición neste sector, Ourense. A competencia xeral do ciclo é a de xestionar servizos relacionados co termalismo e o benestar, aplicando técnicas de hidrocinesia, técnicas hidrotermais, masaxes estéticas e programas de acondicionamento físico na auga, consonte protocolos establecidos, dinamizando as actividades personalizadas programadas e orientándoas cara á mellora da calidade de vida e da saúde. O obxectivo é conseguir a satisfacción das persoas usuarias e asegurar a prestación do servizo en condicións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Así mesmo, no IES a Pinguela de Monforte de Lemos ofértase o novo ciclo de grao medio de Calzado e complementos de moda. A súa competencia xeral é realizar as operacións de corte de peles e materiais para a ensamblaxe, a montaxe e o acabamento, de xeito industrial e á medida, de calzado estándar, ortopédico e para espectáculos, e de complementos de moda. As persoas tituladas neste ciclo poderán traballar en empresas e talleres de fabricación industrial de calzado e artigos de marroquinaría dedicadas á preparación, o corte de materiais, a ensamblaxe, a montaxe e o acabamento de calzado e complementos de moda; así como en establecementos dedicados á elaboración artesanal de calzado á medida, ortopédico e para o espectáculo.
Ademais, a oferta inclúe a implantación de 5 cursos de especialización, dirixidos a alumnado xa titulado.
A oferta de prazas, na que se poderá formalizar a matrícula a partir de hoxe mesmo, contempla 29.178 prazas en primeiro curso en centros públicos (en números moi similares ao curso anterior), en 1.188 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 21.412 forman parte do réxime ordinario –8371 en grao medio, 8991 en grao superior, 3510 en FP Básica e 540 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 4.198 son do réxime modular para persoas adultas –2.118 grao medio e 2.080 en grao superior-, e 2800 do réxime modular a distancia –1.000 en grao medio e 1.800 en grao superior-.
No referido á FP Dual ofértanse un total de 768 prazas (375 en grao medio e 393 en grao superior). Así, do total dos 56 novos proxectos, na provincia da Coruña entrarán en funcionamento 22 proxectos de FP Dual, na de Lugo 12, na de Ourense 7 e na de Pontevedra 15.
Modificacións
Como é habitual, a oferta de FP flutúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e ás características da poboación de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios en diferentes centros, a maiores das novas incorporacións en materia de FP Dual. A relación de ciclos pode consultarse xa en www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp .
Os proxectos de FP Dual que abren matrícula para o vindeiro curso 2020/2021 amósanse nas seguintes táboas:
Concello |
Centro |
Grao |
Ciclo |
Empresas |
Carballo |
IES Monte Neme |
Superior |
Mecatrónica industrial |
Calvo Conservas, S.L Glaucor Ingenería, SA Maquinaria Agrícola Cancela, S.L Sogama Unión Empresas Madereras |
Coruña, A |
CIFP Someso |
Medio |
Carrozaría |
Breogán Motor, S.L. |
Medio |
Mecanizado |
Industrias Cee S.L. Maximino Seoane S.L. Mecanizados Moan S.L.L. Tumbadoiro S.L. |
||
Medio |
Soldadura e caldeiraría |
Industrias Cee S.L. Jesús Riveiro S.L. Mecanizados Moan S.L.L. Montajes Mecánicos de Galicia, S.L. Talleres Antonio Arijón S.L. |
||
IES Fernando Wirtz Suárez |
Superior |
Desenvolvemento de aplicacións web |
Auditoría y Gestión Empresarial Optimizada, S.L Indra Sistemas, S.A Sudespacho Cloud, S.L |
|
IES Ramón Menéndez Pidal |
Medio |
Comercialización de produtos alimentarios |
Centros Comerciales Carrefour, S.A Distribuciones Froiz, S.A.U El Corte Ingles, S.A Mercartabria S.L Vego Supermercados, S.A |
|
Superior |
Transporte e loxística |
Comercial Malasa, S.L. Lidl Supermercados S.A.U. MEDIA MARKT A CORUÑA VIDEO TV HIFI ELEKTRO COMPUTER FOTO S.A. Media Markt E-285 Vídeo-TV-Hifi-elektro-computer-foto, S.A. Ferrol Panvelpa, S.L Schenker logistic, SAU |
||
Ferrol |
CIFP Ferrolterra |
Medio |
Electromecánica de maquinaria |
Gam España Servicios de Maquinaria S.L.U. |
Superior |
Construcións metálicas |
Windar Offshore, S.L |
||
Superior |
Deseño e amoblamento |
Carpintería de madera Cardifer S.L.U. José Luis Naveiras Fraga Noa madera creativa S.L. Severiano Artesania S.A.U. |
||
Superior |
Mecatrónica industrial |
Navantia S.A. SME |
||
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro |
Superior |
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma |
Navantia S.A. SME |
|
Pontes de García Rodríguez, As |
IES Plurilingüe Castro da Uz |
Medio |
Soldadura e caldeiraría |
Acebrón Calderería, S.A Fitter Montajes Estructurales, S.L Prometal Tecnología e Innovation, S.L |
Ribeira |
CIFP Coroso |
Medio |
Elaboración de produtos alimentarios |
Ángel López Soto, S.L Ignacio González Montes, S.A Salica, Alimentos Congelados, S.A. |
Medio |
Instalacións de produción de calor |
Alberto Joaquin Sampedro Martínez Boiresa e Hijos, S.L Comercial Rubel, S.L Eduardo Varela e Hijos, S.L Electro Vidal e Hijos, S.L Foelca Energías S.L Instalaciones Fontami, S.L Instalaciones Herfer, S.L Jose Manuel Martínez Mariño Multiservicios Riveira, S.L Obras y Servicios Lijó, S.L Satas Barbanza, S.L Socogas, S.A Tecnifon Barbanza, S.L |
||
Superior |
Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos |
Aluminios Cortizo, S.A.U Amegrove S. Coop Galega Ángel López Soto, S.L Conservas Ria de Arosa, S.L Ignacio Gónzalez Montes S.A. (IGNOSA) JJ Chicolino, S.L. Porexgal, S.L. Tecfrisa Instalaciones e Ingenería S.L |
||
Santiago de Compostela |
CIFP Compostela |
Superior |
Dirección de cociña |
Álvaro Vilasante Armas Amodiño, eche o que hai, S.L. Cocinacavok, S.L. Daporta Castro, S.L. Eirado da Leña S.L. Fogón Retiro da Costiña, S.L Francisco Lopez Restaurante España, S.L. Gastronomía Raiana, S.L. Gastrourense, S.L Gómez Fraga, SPC Kebab de Pulpo, S.L Lucia Freitas, S.L Pepe Vieira, S.L.U Restaurante Solla, S.L Salitre de Barizo, S.L.U |
Superior |
Dirección de servizos de restauración |
Álvaro Vilasante Armas Amodiño, eche o que hai, S.L. Cocinacavok, S.L. Daporta Castro, S.L. Eirado da Leña, S.L. Fogón Retiro da Costiña, S.L Francisco Lopez Restaurante España, S.L. Gastronomía Raiana, S.L. Gastrourense, S.L Gómez Fraga, SPC Lucia Freitas, S.L Maruja y Granuja, S.L. Pepe Vieira, S.L.U Restaurante Solla, S.L Salitre de Barizo, S.L.U |
||
CIFP Politécnico de Santiago |
Superior |
Mecatrónica industrial |
Financiera Maderera, S.A. |
|
IES Lamas de Abade |
Medio |
Coidados auxiliares de enfermaría |
Geriatros, S.A.U Quavitae Servicios Asistenciales, S.A.U |
|
IES San Clemente |
Superior |
Desenvolvemento de aplicacións web |
Ava Soluciones Tecnólogicas S.L. Co-comm Servicios Telecomunicaciones S.L. Consultoría Gestión y Proceso de Datos S.L. Dimensiona Consultoría Tecnolóxica S.L. Natica Sistemas de Información S.L. Ozono Multimedia S.L.L. Zadia Software S.L. |
|
Zas |
IES Maximino Romero de Lema |
Superior |
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma |
Imatia Innovation, S.L |
Chantada |
IES Val do Asma |
Superior |
Administración e finanzas |
Citadel, S.L.U |
Superior |
Desenvolvemento de aplicacións web |
IGM Web, S.L. Roomleader, S.A |
||
Lugo |
CIFP As Mercedes |
Superior |
Automoción |
Centro Técnico de Maquinaria Forestal, S.L Duran Maquinaria Agricola, S.L. Guifor Noroeste, S.L Hermanos Toimil García, S.L Hitraf, S.A Manto Maquinaria, S.L. Maquinaria Agricola del Noroeste, S.L. Millares Torron, S.L. |
Superior |
Xestión de vendas e espazos comerciais |
Arenal Perfumerías S.L.U |
||
CIFP Politécnico de Lugo |
Medio |
Construción |
Acasti Reformas, S.L. Construcciones Mourelle Garvi Lugo Construcciones Proyectos y Reformas, S.L Manuel Santos Gómez Obras y reformas Construmen S.L Obras y Reformas Lugo, S.L Odegal, S.L Oribio Construcciones y contratas, S.A Pele Design and Retail, S.L Reformas y Sistemas de Galicia, S.L Ruben López Barreiro |
|
Superior |
Construcións metálicas |
Alfedro Vidal Vallejo Ben Alonso, S.L. Benferreiro, S.L. Carrocerías Hermanos Rega, S.L Cidega-Inox, S.L. Garrido Carrocerias, S.L. Maquinaria Agrícola Indusagri, S.L. Montajes Metálicos Ingalux, S.L. TALLERES DOVAL, S.L |
||
Superior |
Proxectos de edificación |
Acasti Reformas, S.L. Arturo Silvosa Perez, S.L. Ben Alonso, S.L. Ceres Gestión Sectorial, S.L. Equaltecnia, S.L. Ingeniería Insitu, S.L Ingenieria Y Desarrollos Del Norte, S.L. José Manuel Pérez Pérez y Natalia Díaz López, U.T.E. Monsa Urbanismo, S.L. Obras y reformas Construmen S.L Oribio Construcciones y contratas, S.A Pele Design and Retail, S.L Proeste Ingeniería, S.L. |
||
IES Sanxillao |
Superior |
Dobre titulación en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración |
Inversiones Hosteleras de Galicia, S.L |
|
Mondoñedo |
IES Plurilingüe San Rosendo |
Medio |
Aproveitamento e conservación do medio natural |
Carronza, S.L Forestal Díaz Casariego, S.L Maderas Aljalex, S.L Maderas Díaz Ramos, S.L Maderas Masma, S.L Maderera de Cospeito, S.L Tojeiro y Vidal, S.L Viveros Costa de Lóngara, S.L.L Viveros y Servicios Forestales Caselas, S.L |
Monforte de Lemos |
IES A Pinguela |
Medio |
Calzado e complementos de moda |
Codeor, S.L Curtidos Galaicos, S.L (Curgal) Eferro Guarnicionería Hermanos Gómez Industrias Losal, S.L (Calzados Losal) |
Superior |
Estilismo e dirección de peiteado |
Alba Dobao Vega Artelis, C.B Catalina Fernández López Ernesto Taboada Senaz Eva Pérez Belón Manuel Rodríguez López María Azucena Moure Chaos María Jesús Vázquez López Montserrat Aparicio Castro Paula Rodríguez Núñez Remedios Fernández Moure Sonia Rodríguez Rodríguez Tamara Vázquez Tajes Virginia González Martínez Zote Peluqueros,S.L. |
||
Ribadeo |
CFEA Pedro Murias |
Medio |
Aproveitamento e conservación do medio natural |
Varias empresas |
Carballiño, O |
IES Manuel Chamoso Lamas |
Superior |
Automatización e robótica industrial |
Asistencia y soluciones de arquitectura e ingeniería, S.L. Conductores eléctricos Revi, S.A. Gorgoso Electricidad, S.L Hidráulica Gómez, S.L. Leiva y Lorenzo, S.L. Megodeza, S.L.U. Ourenlift, S.L. TECGLASS S.L. |
Ourense |
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel |
Medio |
Coidados auxiliares de enfermaría |
Geriatros, S.A.U Gero Vitalia Ourense, S.L |
Superior |
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma |
Imatia Innovation, S.L Redegal, S.L Viewnext, S.A |
||
CIFP A Farixa |
Superior |
Termalismo e benestar |
Caldaria S.L.U. Castilla Termal S.L. Davandoira S.L. Eurostars Hotel Company, SLU Inversiones Hosteleras de Galicia, S.L |
|
CIFP Portovello |
Medio |
Comercialización de produtos alimentarios |
Atlántica Saga Ourense, SLU Centros Comerciales Carrefour, S.A Distribuciones Froiz, S.A.U Ignacio de las Cuevas, S.A Vego Supermercados, S.A |
|
Vilamarín |
IES de Vilamarín |
Medio |
Xardinaría e floraría |
Carlos Domínguez Rodríguez Jesús Iglesias González Sven Dieter Adler Viveros Mende, S.L |
Xinzo de Limia |
IES Cidade de Antioquía |
Medio |
Produción agropecuaria |
Agrocebola S.L. |
|
Amador Díaz Penín Avelino Santana García Camilo Maus Pérez Cooperativas Ourensanas S.C. Galega José Ángel Sotelo Castro. Luisa Mayo Alonso Montero S.C. Postoiro S.Coop Galega. Roberto Fiz Mayo Roberto Nieto Limia, |
|||
Estrada, A |
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez |
Medio |
Instalación e amoblamento |
Martínez Otero Contract, S.L |
Guarda, A |
IES A Sangriña |
Medio |
Carrozaría |
Celtamotor, S.L Codelauto, S.A. Iago Arias Amador Pablo Delgado Fernández Talleres García Barreiro, S.L Talleres MV Rosal, S.L Talleres Sport Novas, S.L. Val Motor Sociedade Cooperativa Galega |
Marín |
IES Chan do Monte |
Medio |
Instalacións de produción de calor |
Pontevedra Climatización Asistencia y Soluciones de Arquitectura e Ingenería, S.L Consulting de Ingenería e Instalaciones, S.L (Riobo Consulting) Deseño, Enxeñeria e Xestión de Obras, S.L Investigacion y Desarrollo del Lérez Ken Fri Energy Pack , S.L Samuel Casado Antón Sanxenxo Agua y Calor Sociedad Gestora de Mantenimiento Instalaciones y Proyectos, S.L |
Moaña |
IES Plurilingüe A Paralaia |
Superior |
Automatización e robótica industrial |
Daser Automatismos, S.L. Emenasa Industria y Automatismo, S.A. Fase Service Partner, S.L. Ingeniería Gallega de Sistemas Automatizados, S.L. Montajes Eléctricos Galicia, S.L. Nodosa, S.L Nodosafer, S.L |
Ponteareas |
CIFP A Granxa |
Medio |
Aceites de oliva e viños |
Adega Terra de Asorei, S.L Adegas Condes de Albarei, S.A Bodegas Altos de Torona, S.L Bodegas As Laxas, S.A Bodegas Marques de Vizhoja, S.A Quinta Couselo, S.L Señorío de Rubiós, S.L |
Pontevedra |
IES Luís Seoane |
Medio |
Comercialización de produtos alimentarios |
Auchan Retail España, SLU Centros Comerciales Carrefour, S.A Distribuciones Froiz, S.A.U Vego Supermercados, S.A |
Valga |
IES de Valga |
Medio |
Soldadura e caldeiraría |
Alfogar, S.L Barton Maquinaria, S.L Gama e Hijos, S.L. Ingeniería y Montajes Rías Bajas, S.A. Rotogal, S.L Sistemas Técnicos de Accesorio e Componentes, S.L. Thune Eureka, S.A. |
Vigo |
CIFP Manuel Antonio |
Medio |
Elaboración de produtos alimentarios |
Pescanova España, SL |
Superior |
Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns |
CZ Veterinaria S.A. Lonza Biologics Porriño S.L. |
||
CIFP Valentín Paz Andrade |
Medio |
Instalacións de produción de calor |
Axis Soluciones Integrales, S.L Blanco Efinort, S.L Control de Instalaciones Vigo, S.L Costas y Otero, S.L Electricidad Joyma S.L. Fontanería Sito, S.L Gago Calefacción Fontanería y Gas, S.L Hijos Adonis Pérez, S.L Insogal, S.L Instalaciones Otero Lemos, S.L Instalaciones Val Miñor, S.L LCH Instalaciones Ponteareas Oteyco Mantenimiento, S.L Peleteiro Instalaciones, S.L Renovables del Atlántico, S.L Teletecnik Galicia, S.L |
|
Medio |
Soldadura e caldeiraría |
Construcciones Técnicas en Acero de Gondomar, S.L. Nodosa, S.L Pipeworks, S.L Talleres Campiños, S.L. Urkira OX, S.L |
||
IES A Guía |
Medio |
Comercialización de produtos alimentarios |
Auchan Retail España, SLU Centros Comerciales Carrefour, S.A Distribuciones Froiz, S.A.U El Corte Ingles, S.A Pontevicus, S.L.U |
|
Superior |
Xestión de vendas e espazos comerciais |
Arenal Perfumerías S.L.U |
||
IES de Teis |
Superior |
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma |
Imatia Innovation, S.L |
|
IES Ricardo Mella |
Medio |
Coidados auxiliares de enfermaría |
Geriatros, S.A.U |
Cursos de especialización
Os cursos de especialización son novas ensinanzas de FP, que veñen complementar a formación incluída nos ciclos formativos de grao medio e de grao superior. Para acceder a eles é preciso cursar e superar previamente un ciclo formativo.
A diferenza dos ciclos formativos que dan lugar a un título oficial do sistema educativo, ás persoas que superen estes cursos expediráselles unha certificación académica que complementa a formación o título que se require para o acceso. A duración dos curso de especialización está fixada entre 300 horas e 720 horas, e por tanto a formación asociada realízase durante unha parte do curso escolar. Algúns dos cursos de especialización incorporan o módulo de Formación en centros de traballo (FCT) que tamén inclúen todos os ciclos de FP.
A oferta de cursos de especialización para o vindeiro curso é a seguinte:
Concello |
Centro |
Curso de especialización |
Horas |
Santiago de Compostela |
CIFP Politécnico de Santiago |
Ciberseguridade en entornos das tecnoloxías de operación |
720 |
Ferrol |
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro |
Ciberseguridade nos entornos das tecnoloxías da información |
720 |
Lugo |
CIFP As Mercedes |
Dixitalización do mantemento industrial |
600 |
Ourense |
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel |
Cultivos celulares |
600 |
Vigo |
IES Politécnico de Vigo |
Fabricación intelixente |
600 |