Ampliación da convocatoria Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2019/2020
Lun, 01/06/2020 - 13:32
Publícase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 1 de xuño de 2020 pola que se amplía a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias, de 4 de novembro de 2019, para o curso 2019/20, no referido a dúas das accións integradas neste programa: Voluntariado de lectura-A (primaria) e Selo "Biblioteca Escolar Solidaria", detallándose algúns aspectos que afectan ao desenvolvemento final destas dúas iniciativas.