Título node Learning object
Ciclo de conferencias na rede Beijing+25
Lun, 01/06/2020 - 13:19
Co gallo do 25º aniversario da Conferencia Mundial da Muller que tivo lugar en Beijing, celébrase o ciclo de conferencias na rede "La igualdad de género para la (re)construcción de un mundo sostenible". Nesta xornada participan representantes gobernamentais (como a ministra de Igualdade, Irene Montero), da sociedade civil e de organismos internacionais (ONU Mulleres, UNFPA, Médicos do Mundo...). O fío condutor das xornadas son os retos que afronta o planeta para conseguir o cambio social que leve cara a un mundo máis sostible, igualitario e xusto ao abeito dos Obxectivos para o desenvolvemento sostible.
Datas:
- xoves 4 de xuño: xustiza económica
- xoves 11 de xuño: dereitos sexuais e reprodutivos
- xoves 18 de xuño: fin das violencias
Hora: 16.00 (hora española)
Inscrición: de balde na seguinte ligazón