Título node Learning object
Conversas sobre a menopausa
Mar, 26/05/2020 - 09:10
Co gallo da conmemoración do 28 de maio, Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres, a área de Igualdade da Deputación da Coruña organiza o ciclo en liña "Conversas sobre a menopausa". As conversas teñen un formato breve e colgaranse nos días indicados nas canles de difusión da Deputación. O programa da actividade é o seguinte:
- luns 25 de maio: Carme Valls (endocrinóloga), que falará da menopausa e ad perspectiva sanitaria. Pódese ver na seguinte ligazón.
- xoves 28 de maio: Anna Freixas (psicóloga e pioneira na xerontoloxía feminista), que falará sobre os aspectos psicolóxicos na menopausa.
- luns 1 de xuño: Rosa Almirall (xinecóloga e sexóloga), que falará sobre menopausa e xinecoloxía.
- mércores 3 de xuño: Cristina López Villar (profesora de CC. do Deporte e a Educación Física da UdC), que falará da actividade física na menopausa.
- venres 5 de xuño: Guadalupe Jiménez (antropóloga e profesora da USC), que falará da menopausa dende unha perspectiva antropolóxica.