Título node Learning object
Guía para transformar os patios escolares
Xov, 14/05/2020 - 19:51
As entidades Col·lectiu Punt6 e Coeducacció acaban de presentar a obra "Patios coeducativos. Guía para la transformación feminista de los espacios educativos" (2020). Trátase dun volume que dá pautas para a transformación dos usos e das estruturas dos patios escolares, presenta as experiencias desenvolvidas en centros educativos cataláns e ofrece documentos de traballo que poden servir para transferir a experiencia.
Pódese consultar na seguinte ligazón. Pódese ver a presentación da guía na seguinte ligazón.
Pódese consultar nesta ligazón unha listaxe completa de recursos para facer un patio coeducativo.