Título node Learning object

Que é a iniciativa Arco?
Mar, 05/05/2020 - 18:04
arco

INICIATIVA ARCO

Co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional promove, por segundo ano consecutivo, esta iniciativa dirixida a centros docentes públicos (CEIP, CEP, IES e CPI) en réxime de concorrencia competitiva, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional a través das seguintes liñas de actuación:

 

  • LIÑA 1, dirixida a alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

  • LIÑA 2, dirixida a alumnado de 1º ESO.

  • LIÑA 3, dirixida a alumnado de 4º ESO.

 

 

OBXECTIVOS

 

  1. Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico.

  2. Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperán do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias.

  3. Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos.

  4. Disminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.

  5. Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.

  6. Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplicares e participativos.

  7. Impulsar a aplicación de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das súas competencia.

 

 

Menús Learning object node R

Tema

Sección