Título node Learning object
O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou en 2020 a segunda edición do documento "Igualdad en cifras". O documento ofrece unha ollada con perspectiva de xénero que permite observar as fendas de xénero que aínda están presentes no ámbito educativo e que se poden observar na presenza, participación e resultados académicos de homes e mulleres nas diferentes etapas educativas.
Entre outros, pódense obter datos sobre a presenza de homes e mulleres na profesión docente e en cargos directivos, a matrícula de alumnado nos distintos itinerarios formativos e os datos relativos ao éxito escolar do alumnado. Como novidade do ano 2020, incorporáronse datos desagregados por sexo dos resultados das avaliacións internacionais PISA, PIRLS e TIMSS.
Entre as conclusións que se poden obter a través deste volume, o Ministerio destaca os seguintes:
- Só un 72,7% dos alumnos logra graduarse en secundaria e un 48,8% no bacharelato.
- Aos 18-24 anos o abandono educativo-formativo é inferior entre as alumnas (13%) ca entre os alumnos (21,4%).
- As alumnas decántanse menos polas disciplinas científico-tecnolóxicas tanto no bacharelato coma na FP e nos graos universitarios.
Pódese consultar o documento na seguinte ligazón.
Para obter datos desagregados por comunidade autónoma pódese consultar en EDUCAbase, a base de datos estatística co Ministerio.
Para obter infografías cos datos máis salientables, pódese consultar a conta do Ministerio en Twitter co hastag #IgualdadEnCifras