Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2020

Ven, 03/04/2020 - 14:24

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Reclamacións contra a listaxe provisional. Mentres dure a situación derivada da pandemia por Covid-19, será posible presentar a reclamación a esta listaxe a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal, con independencia de que con posterioridade se estableza o período de reclamación presencial nos centros de inscrición.

Será imprescindible facer referencia ao número de código de solicitude que figura debaixo do código de barras do resgardo da solicitude de probas de acceso de grao medio. Poderá xuntarse, en formato electrónico, canta documentación complementaria se considere necesaria. Quen presente reclamación por esta vía non precisará realizar ningún trámite posterior no centro de inscrición no prazo que se abra a tal efecto.

As persoas que solicitaron adaptación da proba, e facilitaron un correo electrónico válido na solicitude, recibiran unha comunicación individual da resolución de proba adaptada desde o correo probas.ciclos@edu.xunta.gal nos próximos días. No caso de non recibir a devandita comunicación poderán solicitala no teléfono 881 99 74 08. Para este fin deberán ter a man o resgardo de solicitude xa que lle pode ser requirida información da mesma, incluíndo o código de solicitude que figura debaixo do código de barras.