Título node Learning object

Cine para traballar a igualdade
Lun, 30/03/2020 - 08:03
portada

O blog "Igualdade e Feminismo" do IES Laxeiro (Lalín) ofrece unha selección de propostas audiovisuais para traballar a igualdade na aula. Podedes consultar a selección de filmes na seguinte ligazón. Os filmes elixidos presentan un breve resumo de presentación e algunhas características técnicas para orientar a utilidade didáctica. A través da etiquetaxe que figura ao pé pódense facer buscas temáticas.

Podedes completar a selección de propostas audiovisuais coa consulta do blog "Trafegando pola igualdade" onde poderedes atopar outros formatos de audiovisual (series, curtas...).