Título node Learning object
Durante a vixencia do estado de alarma por coronavirus mantéñense as medidas de seguridade e atención das vítimas de violencia de xénero. Así o comunicaron tanto a Xunta de Galicia coma o Goberno central, que dispuxeron medidas para reforzar os seus servizos ante o perigo engadido polo peche dentro dos fogares.
Ademais, a Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero acaba de publicar unha breve e clara Guía de actuación para mujeres que estén sufriendo violencia de género en situación de permanencia domiciliaria derivada del estado de alarma por COVID-19. Nela explícanse, entre outros pasos, que facer en caso de ter fillos/as en común co agresor.
Recollemos aquí os recursos que seguen dispoñibles a través das distintas administracións:
-
Atención telefónica durante as 24 h nos seguintes teléfonos:
-
112 (situacións de emerxencia)
-
061 (non deixa rastro no teléfono)
-
900 400 273
-
-
Se non é posible realizar unha chamada
-
Pódese usar a APP ALERTCOPS para enviar un sinal de alerta á policía coa túa localización.
-
Vai a unha farmacia e pide a “mascarilla 12”.
-
-
Asesoramento xurídico en liña: http://igualdade.xunta.gal/gl/content/asesoramento-xuridico-line
-
Terapia de apoio psicolóxico:
-
en atención presencial
-
en atención teléfonica
-
-
Servizo de quenda de garda para acompañamento nos momentos iniciais de presentación da denuncia.
-
Apoio psicolóxico e social nas Oficinas de Atención ás Vítimas nas sedes xudiciais das sete cidades galegas.
-
Apoio psicolóxico por Whatsapp: nos números 682 916 136 e 682 508 507
-
Seguimento telefónico das vítimas con ordes de protección vixentes ou novas.
-
Servizos administrativos de carácter esencial (ex. pagamento de axudas, bono de alugueiro social).
-
Atención do Centro de Recuperación Integral para mulleres (Santiago de Compostela) e Centro de Emerxencia de Vigo.
-
Atención nos centros de acollida de titularidade municipal da Coruña, Ferrol, Culleredo e Lugo, e mais nos de iniciativa social de Ourense e Burela.
Pódese completar a información nas seguintes ligazóns: