Título node Learning object

Concurso de Viñetas "Novas Masculinidades"
Ven, 13/03/2020 - 11:42
logo

A Deputación da Coruña acaba de publicar as bases da convocatoria do XI Concurso de Viñetas "Novas Masculinidades". Os traballos presentados versarán sobre:

- Novos modelos de masculinidade que reflicten alternativas á identidade masculina estereotipada, que lles permita cuestionar os mandatos sociais e as consecuencias de como ser home no seo dunha sociedade patriarcal e machista para visibilizar novas formas de ser e sentir libres, con relacións horizontais, consensuadas, sen dominación sobre as mulleres, cunha distribución equitativa dos espazos de poder e cun reparto equilibrado das responsabilidades domésticas e familiares.

- Como rachar estereotipos asociados tradicionalmente aos patróns de masculinidade asociados á forza física, protección, violencia, dominación, etc, así como desterrar mitos sobre o xeito de ser home. Poderase incidir sobre a visión do home como vítima do machismo,entendido como a visión daqueles homes que se ven socialmente obrigados a encaixar nun modelo de masculinidade desigualitario, non elixido libremente e co que non están de acordo.

- A importancia de xerar novos patróns de masculinidade ante a violencia de xénero e na loita contra todas as formas de discriminación cara ás mulleres e cara a outros homes.

- Os beneficios para mulleres e homes dos novos modelos de masculinidades como exemplos de novas posicións igualitarias na sociedade na contorna laboral, social, familiar, etc.

Persoas ás que se dirixe: persoas entre 12 e 18 anos
Categorías:

  • categoría A: entre 12 e 14 anos
  • categoría B: entre 15 e 18 anos

Premios: 1º, 2º e 3º
Prazo de presentación das solicitudes: ata o 13 de abril de 2020
 

Pódense consultar as bases completas da convocatoria na páxina da Deputación da Coruña.