Título node Learning object
Diálogo do ciclo Pensarmos no Consello da Cultura
Xov, 12/03/2020 - 10:42
O Consello da Cultura Galega organiza unha nova sesión do ciclo Pensarmos, organizado pola Sección de Pensamento baixo a coordinación de Carme Adán. Nesta nova sesión terá lugar un diálogo as profesoras universitarias Eulalia Pérez Sedeño e Carmen Lema Devesa co título "Debe unha (boa) investigadora ser feminista? O caso das neurociencias". Pódese consultar toda a información e formalizar a inscrición na páxina web do Consello da Cultura Galega.
Data: xoves 26 de marzo de 2020
Hora: 18.00
Lugar: Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela)