Título node Learning object

Borrador do Concurso Comunicatedu 2020
Mar, 03/03/2020 - 14:26
logo

Adiantamos as bases da convocatoria do concurso Comunicatedu 2020, que serán publicadas e difundidas en breve.

 

Achégase o borrador da Resolución do XX de XX de 2020, da Dirección Xeral de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula, para o curso 2019/20, o Concurso ComunicaTedu para centros públicos de ensino non universitario da Consellería de Educación, Universidade e Fomación Profesional.

Co obxectivo de incentivar o traballo dos centros no ámbito da oratoria e da igualdade, a Consellería presenta o “Concurso ComunicaTedu”. O tema desta edición será "identificación dos estereotipos de xénero".

Características do concurso:

  • Centros destinatarios: centros públicos que impartan ESO ou 1º de bacharelato.
  • Categorías:
    • categoría A (ESO): 1º premio (2.000 €), 2º premio (1.500 €).
    • categoría B (bacharelato): 1º premio (2.000 €), 2º premio (1.500 €).
  • Prazo de presentación de solicitudes: por determinar

Entre os equipos que se presenten seleccionaranse as 12 mellores gravacións para o seu recoñecemento e gravación profesional.

Para obter máis información e recursos didácticos para traballar co alumnado pódese consultar no teléfono 881 997 598 (Mónica Baleirón) ou no enderezo electrónico comunicatedu@edu.xunta.gal.