A Consellería de Educación continúa a súa aposta pola educación pública e o seu apoio ao rural
Este ano reducirase en 14 o número de escolas unitarias, a cifra máis baixa do último quinquenio
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria volveu a demostrar a súa aposta pola educación pública e especialmente no eido rural ao apoiar as escolas unitarias.
Un ano máis as modificacións producidas no catalogo en relación á creación e supresión de unidades realizase en función das variacións no número de estudantes no centro. Cómpre sinalar a este respecto que o número de alumnas e alumnos nos centros, flutúa curso a curso, polo que é necesario incrementar unidades onde se aumenta a matrícula, e suprimilas alí onde a baixada do número de alumnos non xustifica mantelas. Neste particular o número de unidades suprimidas de cara ao vindeiro curso, será de 67, o que suporía preto dun 0,006% das aproximadamente 10.000 unidades de infantil e primaria existentes no sistema educativo.
Escolas unitarias
Asemade mantense o criterio de anos anteriores para o peche de aquelas escolas unitarias con cinco o menos alumnas e alumnos. Deste xeito a Consellería revisou a demanda existente nos centros educativos galegos, e cómpre recordar que en moitos casos as propias comunidades escolares afectadas estiveron de acordo con estas actuacións.
Así, o vindeiro curso serán 14 os centros nesta situación, dez son da provincia da Coruña, tres de Pontevedra e un de Lugo. Unha cifra moi distante ás que no seu momento fixo efectivas o anterior goberno galego, cunha media de peches superior a 20 anuais, e cómpre destacar que este ano é o que menos se pechan desde hai un quinquenio.
Cómpre recordar que esta tarde estaba convocada unha mesa sectorial, para tratar ditos puntos, e que os sindicatos non asistiron. A administración lamenta a ausencia dos sindicatos nestes encontros, aínda que manteñen reunións ordinarias con esta Consellería. Do mesmo xeito Educación lamenta que os sindicatos continúen a trasladar datos falsos- á poboación co fin de crear alarma social.