O conselleiro de Educación comproba o estado das obras de mellora e ampliación do CEIP Virxe do Rocío, en Vigo
O custe da intervención, que rematará antes de finalizar o ano, é de máis de dos millóns cen mil euros
Vázquez Abad, acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, deu conta da evolución das obras do centro no que estudan preto de 150 estudantes
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou esta maña o estado das obras de mellora e ampliación do CEIP Virxe do Rocío, en Vigo. Acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e polo xefe territorial de Educación na provincia, César Pérez, o conselleiro deu conta da evolución das obras que comezaron o pasado mes de novembro.
Durante a visita o conselleiro recordou que se trata de unha importante obra “que ten un investimento de máis de 2.140.000 euros e que suporá a reforma integral do edificio actual”, e engadiu que “ao mesmo tempo ampliarase o espazo educativo en 1.500 metros cadrados”. Así o conselleiro matizou que esta obra da cobertura “ás necesidades que se prantexaban”.
Asemade recordou que os escolares de infantil e primaria, que o curso pasado sumaban 144, comezaran o curso no mesmo recinto no que remataron o pasado, e que foi habilitado segundo as peticións do centro e da Anpa dos escolares. Vázquez Abad destacou que “esperamos que as obras finalicen canto antes esta mellora e que os nenos e nenas poidan disfrutar das novas instalacións”.
Espazos mellorados
Cómpre recordar que as obras afectara aos máis de cinco mil metros cadrados que ten o CEIP Virxe do Rocío. Para levar a cabo a construción se está a rehabilitar o edificio actual íntegramente e, ao mesmo tempo se realiza unha ampliación en 1.500 metros cadrados que servirá para contar con tres novas aulas de infantil, un pavillón deportivo e unha zona nova. Tamén se verán ampliados e mellorados os recintos correspondentes ao comedor, cocina, zonas de persoal, porche cuberto de entradas, área de xogos, aulas de primaria, salas de profesores, despachos, biblioteca, etc.
As obras de mellora estanse a resolver a través dunha volumetría sinxela a través de paneis de formigón e cubertas planas. Asemade as aulas e corredores contarán con amplas fiestras que favorecerán a redución do consumo eléctrico.
Por outra banda unha vez rematadas estas obras o centro volverá a contar coa súa biblioteca, integrada desde hai anos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, a través do cal xa percibiron máis de 18.000 euros
A prol da calidade educativa
Con estas visitas o conselleiro volveu a dar conta do seu interese polo estado dos centros educativos de cara ao novo curso escolar. Un ano no que cómpre recordar que a Consellería sigue apostando pola educación de calidade, unha tarefa para a que conta coa inestimable axuda dos docentes, aos que o conselleiro fixo referencia na xornada de hoxe ao sinalar que “a súa profesionalidade e a clave para ter a seguridade de que as novas xeracións reciben a mellor formación”.
Neste senso cómpre recordar que a consellería desenvolve medidas, dentro da xornada laboral dos profesores de 37,5 horas, nas que da conta da súa aposta pola mellora da calidade educativa en Galicia. Así o vindeiro ano os docentes poderán ocupar máis tempo do seu horario de traballo a actividades lectivas encamiñadas á consecución da excelencia, sen ver por outra parte incrementado o número de horas laborais á semana.