Título node Learning object

I Premio Literario "Pinto e Maragota"
Mar, 11/02/2020 - 10:09
logo

O Concello de Pontevedra, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, convoca a I Edición do Premio Literario “Pinto e Maragota” que ten como finalidade visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero. As obras presentadas deberán ter presente no seu argumento, como temática principal ou transversal, a diversidade sexual e de xénero: orientación sexual e/ou identidade de xénero. O xénero literario das obras presentadas poderá ser novela, teatro ou poesía, tanto para público infantil, xuvenil como adulto.

Prazo de presentación de solicitudes: xoves 23 de abril de 2020

Pódense consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón.