Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o 2020
Xúntase a Orde do 20 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).
- Prazo de presentación de solicitudes: do 07/02/2020 ao 06/03/2020
Cal é o obxecto destas axudas?
A contratación de persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos centros que se detallan no apartado seguinte en dúas modalidades:
-
Modalidade A: axudas de tres anos de duración destinadas ao apoio á etapa predoutoral para persoal investigador que desenvolva un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
-
Modalidade B: axudas de tres anos de duración de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral, mediante as que se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.
Para ambas as modalidades prevese a posibilidade de realizar estadías de 3 meses de duración no estranxeiro.
Quen pode solicitar estas axudas?
A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional financia as universidades do Sistema Universitario Galego (en diante SUG).
Gain financia os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.
Número e importe das axudas
-
O número e importe máximo das axudas concedidas para o financiamento dos contratos laborais (incluíndo os seus custos sociais) é o seguinte:
-
Modalidade A: 57 axudas (a previsión inicial é de 50 axudas para o SUG e 7 para as demais entidades). O importe máximo de cada axuda é de 25.000 € anuais, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo Programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
-
Modalidade B: 43 axudas (a previsión inicial é de 40 para o SUG e 3 para as demais entidades). O importe máximo de cada axuda é de 22.900 € anuais.
-
En ambas as dúas modalidades prevense os seguintes importes adicionais:
-
Estadías opcionais de tres meses de duración no estranxeiro:
-
Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.
-
Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá.
-
Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.
-
-
Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda, nas dúas modalidades, para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.
A onde acudir?
-
Para as solicitudes presentas polas universidades do SUG:
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 981957649
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal
-
Para as demais entidades solicitantes indicadas (alleas ao SUG):
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Axencia Galega de Innovación
Rúa Airas Nunes s/n
15702 – Santiago de Compostela
Teléfono: 881999213 Fax: 981541039
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
Máis información
-
No enderezo electrónico promocioncientifica.educacion@xunta.gal
-
No teléfono 881 995 152
Orde do 20 de decembro de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 20 de decembro de 2019 (DOG) Modelo de certificado da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese de doutoramento Orde do 13 de marzo de 2020: Suspensión do prazo da convocatoria (DOG) Resolución do 12 de maio de 2020: Continuación da tramitación dos procedementos (DOG) Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas das axudas predoutorais Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas das axudas predoutorais Orde do 20 de xullo de 2020 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2019 (DOG) Resolución do 12 de agosto de 2020 (DOG) Instrución 7/2020 da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación (Gain), convocatorias 2019 e 2020 Resolución do 13 de novembro de 2020 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 12 de agosto de 2020 (DOG) Orde do 3 de xuño de 2021 (DOG)