Título node Learning object

6 de febreiro, Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina
Mar, 04/02/2020 - 10:24
foto unicef

En 2012 a Asemblea Xeral da ONU declarou o 6 de febreiro como Día Internacional de Tolerancia 0 coa Mutilación Xenital Feminina. Con esta conmemoración a ONU busca promover a erradicación dun problema que atenta contra a saúde sexual de milleiros de nenas en todo o mundo e que constitúe unha violación grave dos dereitos das mulleres.

 

Segundo UNICEF, a ablación afecta a 44 millóns de nenas menores de 14 anos e a 200 millóns de nenas e mulleres en todo o mundo. Na actualidade a loita contra a ablación constitúe un dos obxectivos do desenvolvemento sostible para 2030 (obxectivo 5).

 

Para coñecer a dimensión deste problema pódense consultar as seguintes ligazóns: