Título node Learning object
O Concello de Pontevedra e o CFR de Pontevedra promoven a xornada de formación "A diversidade sexual e de xénero nas aulas". Esta actividade ten os seguintes obxectivos:
1.Facilitar ao profesorado información sobre a situación legal do colectivo LGTBIQ, en relación aos protocolos educativos.
2.Fornecer ao profesorado de recursos literarios, informativos e audiovisuais para tratar a diversidade sexual e de xénero na aula.
3.Dar a coñecer redes de traballo educativo e casos de éxito no tratamento da diversidade sexo-xenérica na aula.
Código e título: P1902027 A diversidade sexual e de xénero nas aulas
Data: sábado 1 de febreiro de 2020
Prazo: aberto ata o 25/01/2020
Lugar: Salón de Actos do Pazo da Cultura (Pontevedra)
Duración: 8 h (presenciais)
Horario: xornada de mañá e tarde
Esta actividade está aberta a outros colectivos (II Congreso "Pinto e Maragota". Concello de Pontevedra); neste caso, para realizar a inscrición cómpre dirixir a solicitude ao seguinte enderezo electrónico: info@pintoemaragota.gal
Pódese consultar toda a información sobre a actividade en FPROFE. E pódese consultar toda a oferta formativa relacionada coa igualdade na seguinte ligazón.