Título node Learning object

Orde de anticipación do inglés en educación infantil (derrogada)
Xov, 26/07/2007 - 14:09

Orde do 30 de abril de 2007 pola que se convoca a realización de proxectos de anticipación da primeira lingua estranxeira no segundo ciclo de educación infantil (DOG 10 de maio de 2007) * Prazo de presentación de solicitudes ata o 15 de xuño. * Xunto á solicitude, os centros deban achegar: descrición do proxecto que se pretende desenvolver, certificación co número de alumnado, certificación de aprobación do proxecto polo claustro e consello escolar, relación de profesorado especialista con dispoñibilidade horaria e acreditación de habilitación na lingua estranxeira do profesorado participante. * Todos os centros xa autorizados pola orde anterior deben solicitar de novo a autorización pola necesidade de adaptar o seu proxecto aos tres cursos do segundo ciclo de educación infantil. * Lembramos aos centros que están a participar no presente curso que deben remitir a memoria de participación antes do 15 de xuño para a comprobación do funcionamento do plan, a súa avaliación e para a emisión das certificacións do profesorado participante.