Datas previstas de publicación no DOG das convocatorias de axudas de apoio á etapa predoutoral, atracción e retención de talento investigador e de consolidación e estruturación nas universidades do SUG para o ano 2020
Ven, 17/01/2020 - 09:00
Para coñecemento das persoas e entidades interesadas a Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional informa das datas previstas de publicación no DOG das seguintes convocatorias de axudas para o ano 2020:
Convocatoria |
Data de publicación no DOG |
Axudas de apoio á etapa predoutoral |
6 de febreiro de 2020 |
Axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG |
21 de febreiro de 2020 |
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento |
17 de febreiro de 2020 |