A Consellería de Educación concede axudas a 23 escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro

A dotación total ascende a 165.000 euros

Mér, 11/12/2019 - 14:06

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se resolve convocatoria das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, ás que se destina un orzamento de 165.000 euros. En total concédense axudas a 23 escolas, que se relacionan na seguinte táboa:

Concello

Escola de música

Importe

Antas de Ulla

EMUSPR de Antas de Ulla

3.000,00 €

Cambre

EMUSPR Sementeira de Cambre

9.768,99 €

Celanova

EMUSPR EMBC

11.629,75 €

Gondomar

EMUSPR Agrupación Musical de Vincios

8.466,46 €

Lalín

EMUSPR Banda de Lalín

4.326,26 €

Lalín

EMUSPR Escola de Música de Vilatuxe

3.675,00 €

Mos

EMUSPR de Mos

15.000,00 €

Neves, As

EMUSPR Popular de Rubiós

4.326,26 €

Ponteareas

EMUSPR de Xinzo

9.629,43 €

Pontevedra

EMUSPR de Salcedo

8.233,86 €

Redondela

EMUSPR de Chapela

9.629,43 €

Rianxo

EMUSPR de Rianxo

10.141,14 €

Ribadavia

EMUSPR Mestre Veneroni

3.535,44 €

Rosal, O

EMUSPR Agrupación Musical do Rosal

7.396,52 €

Salceda de Caselas

EMUSPR Asociación Amigos da Música

6.140,51 €

Santiso

EMUSPR de Visantoña

3.302,85 €

Teo

EMUSPR de Calo-Teo

5.582,27 €

Vigo

EMUSPR Atlántida

5.256,64 €

Vigo

EMUSPR de Beade

8.699,05 €

Vigo

EMUSPR de Valadares

9.443,36 €

Vilaboa

EMUSPR de Vilaboa

6.326,59 €

Vilanova de Arousa

EMUSPR de Vilanova

5.349,68 €

Xinzo de Limia

EMUSPR da Limia

6.140,51 €

 

O obxectivo destas axudas é potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música non regradas e prestar apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte das entidades sen ánimo de lucro que teñen entre os seus fins a formación musical. Cómpre sinalar que as escolas de música dedícanse á formación de afeccionados e á preparación das probas de acceso aos estudos conducentes á titulación daquelas persoas que teñan vocación e aptitudes para a música.

Estas escolas, que contan cunha crecente demanda, abarcan, como oferta básica, os ámbitos de ensino de música e movemento, práctica instrumental, formación musical complementaria á práctica instrumental, e actividades de conxunto.