O conselleiro de Educación inaugura en Santiago o seminario “O financiamento das universidades públicas, novos desafíos”

O encontro reúne durante a xornada de hoxe a máis de trinta profesores e persoal universitario

Lun, 18/07/2011 - 10:56
Seminario “O financiamento das universidades públicas, novos desafíos”
O conselleiro de Educación inaugura en Santiago o seminario “O financiamento das universidades públicas, novos desafíos”

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou esta maña, en Santiago, o seminario “O Financiamento das universidades públicas: novos desafíos”.

Durante a súa intervención o conselleiro sinalou que “estamos ante un novo modelo de financiamento universitario para Galicia, que ten como principios reitores a estabilidade financeira -garante de que os recursos de cada universidade se irán incrementando en relación directa cos seus resultados- a eficiencia e a equidade institucional”, ao tempo que recordou que ditos principios susténtanse sobre tres piares fundamentais “a subvención fixa, un financiamento variable, e o principio de flexibilidade”. Neste punto Vázquez Abad dixo que “o Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia se caracteriza pola flexibilidade, o dinamismo, a eficiencia, a equidade e a sostenibilidade, o que coloca á nosa comunidade nunha posición de vangarda na concreción dos modelos de financiamento”.

A xornada, que durante o día de hoxe reúne a máis de 30 profesores e persoal administrativo da universidade falará sobre o presente e o futuro do plan de financiamento universitario.

O programa

Así ao longo da xornada de hoxe os relatorio xirarán en torno a estrutura de dito plan de financiamento a cargo de Mariam Camarero, do departamento de Economía Aplicada da Universidade Jaume I, de Castellón. Mentres que o catedrático de Economía Cuantitativa da Universidade de Santiago José Carlos de Miguelfalou do papel dos indicadores no financiamento universitario. Posteriormente o director da Academia Empresa Familiar , Juan Corona, falará das Relacións entre a universidade e a empresa.

E o encontro rematará cunha mesa redonda que xirará en torno ao tema do seminario e que contará coa presenza de representantes dos departamentos de economía das tres universidades galegas. Este debate será moderado polo secretario xeral de Universidades da Consellería e organizador do encontro, José Alberto Díez de Castro.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza