Título node Learning object

III Xornadas de tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero
Lun, 28/10/2019 - 09:27
logo

A Asociación Nós Mesmas organiza as "III Xornadas de tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas". Nestas xornadas abórdanse contidos e compártense experiencias que se están a desenvolver nos centros educativos co obxectivo de formar a comunidade educativa, a futuros profesionais da educación, así como especialistas en psicoloxía, pedagoxía etc. interesadas en adquirir formación para introducir a diversidade afectiva, sexual e de xénero no seu labor coa infancia e a mocidade para a inclusión da diversidade e a prevención da discriminación por LGBTIfobia.

Lugar: IES Audiovisual de Vigo (rúa de Eduardo Cabello, s/n - Vigo)
Data: sábado 30 de novembro de 2019
Inscrición: para profesorado (en FPROFE) e outras persoas interesadas (na seguinte ligazón)