Título node Learning object

IV Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a Educación
Ven, 25/10/2019 - 10:55
logo

A Facultade de Ciencias da Educación da USC e a asociación ARELAS organizan as “IV Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a Educación: interseccións, corpos e vidas”. Os obxectivos desta actividade formativa son os seguintes:

  • Presentar algunhas voces silenciadas dos activismos LGTBI
  • Destruír os tópicos sobre as persoas disidentes sexuais doutras razas ou con outras capacidades.
  • Propoñer e analizar o marco da interseccionalidade fronte ao marco da discriminación múltiple
  • Fundamentar as implicacións do marco da interseccionalidade no deseño de políticas públicas educativas ou intervencións educativas

Pódese consultar o programa da actividade na seguinte ligazón.

Data: 14, 15 e 16 de novembro de 2019
Lugar: salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida - USC). Santiago de Compostela
Inscrición: gratuíta e acreditable, ata o 5 de novembro, a través da seguinte ligazón
As xornadas son abertas, gratuÍtas e acreditables. Para poder asistir simplemente é necesario formalizar a inscrición antes do día 5 de novembro a través da seguinte ligazón.