Proposta de concesión de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidades con países extracomunitarios no curso 2019/2020

Mar, 22/10/2019 - 11:02

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data 21 de outubro de 2019, elevar á conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional a seguinte proposta de concesión de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidades con países extracomunitarios no curso 2019/2020.

De conformidade co disposto no artigo 14 da orde de convocatoria a Secretaría Xeral de Universidades comunicará a proposta de resolución ás persoas seleccionadas como beneficiarias.

No caso de rexeitar a bolsa, deberán renunciar nun prazo de CINCO días contados desde a data da recepción da comunicación, a través do modelo normalizado de renuncia dispoñible na carpeta do cidadán da persoa interesada.

No suposto de producirse algunha renuncia ou baixa, tendo en conta o remanente de crédito, a Secretaría Xeral de Universidades comunicará a proposta ás persoas que figuren na listaxe de suplentes pola orde que nela aparecen.

O prazo límite para propoñer a adxudicación das bolsas a que dean lugar as renuncias ou baixas será de 10 días contados desde a data da recepción da última comunicación realizada ás persoas seleccionadas como beneficiarias.

As renuncias que se produzan con posterioridade non darán dereito a novas substitucións

Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a correspondente orde de resolución.