Xesús Vázquez Abad reúnese mañá co consejero de Educación de Castela e León a prol da cooperación entre ambas comunidades

Na reunión tratáranse as novidades relativas á potenciación de linguas estranxeiras e ás novas tecnoloxías

Mér, 13/07/2011 - 18:25

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reúnese mañá co seu homólogo da Junta de Castela e León, Juan José Mateos Otero, co obxectivo de impulsar a cooperación entre as institucións de ambas comunidades autónomas.

O encontro ten como propósito falar do Plan de Potenciación de Linguas estranxeiras e dar conta dos avances relativos á incorporación das novas tecnoloxías da información á ensinanza así como do desenvolvemento dunha formación profesional orientada ao emprego.

No encontro, celebrado en Valladolid, estarán presentes o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativo, José Luis Mira; director xeral de recursos humanos e centros, José Manuel Pinal; así como diversos membros da consellería castelá.