Título node Learning object
A sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña convoca o "VI Premio Concepción Arenal 2019: proxectos educativos pola igualdade de xénero". O obxectivo da convocatoria é premiar o deseño e a execución de proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre os sexos. Pódense consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón.
Centros ao que vai dirixido: centros públicos da provincia da Coruña que impartan infantil, primaria, secundaria e educación especial
3 Modalidades: proxectos educativos en educación infantil, primaria e secundaria
Prazo de presentación: 18 de novembro, ata as 14.00 h
Premio: 5.000 € para cada modalidade